Nestes últimos tempos unhas sospeitosas actividades estanse a desenvolver na biblio.
Misterios@s emisarios achegan de quen sabe onde misteriosos paquetes de misterioso contido.
Cando ninguén mira (cousa que non é complicada porque neste cole todo o mundo anda a mil cousas todo o tempo), un intenso trafego de caixas anda de arriba para abaixo e de adiante patrás por escaleiras e corredores.
Que raio andará a tramar Estrela?
Terá que ver coa promesa do equipo do proxecto comedor de facer importantes melloras coa dotación do premio?
Quen sabe.
Esta reporteira, aproveitando un descuído da nosa peixa favorita e do seu séquito humano, adentrouse silandeiramente na biblio pequena e, poñendo en risco a súa vida, conseguíu tirar unha foto.
Unha proba gráfica de que algo pasa.
Pero que?
Que?
QUE?
Aquí tendes a imaxe, tirade as vosas propias conclusións.
E seguide atent@s ao blog, porque abofé que daremos coa resposta.
Que será,será,será...?Eu querome enterar.
ResponderEliminar