O mércores 27 de abril visitounos Xosé María Bará un especialista da radio.
Veu a axudarnos a 5ºA e 5ºB a mellorar o noso xeito de facer programas.
Chema converteu o ximnasio nun estudo de radio. Montou un posto de control técnico e unha mesa con tres micrófonos e tres auriculares para locutar.
Aínda que na biblioteca xa temos un estudo de radio, a actividade tiña que ser realizada nun sitio máis espazoso por precaución ante o COVID-19.
Deunos uns consellos para locutar mellor: a distancia ao micro, o volume da voz, os movementos da cabeza, os xestos para comunicarnos entre o equipo mentres gravamos, estar tranquilas/os, non ter vergoña, non preocuparnos e seguir adiante se nos equivocábamos...
Tamén ensinounos trucos para mellorar o control de son: como empregar dous reprodutores á vez, subir e baixar o volume ao xusto para non ditorsionar, sincronizar o volume da/o locutor/a e a sintonía...
Recomendounos empregar os auriculares sempre para poder escoitar aos demais e poder escoitarnos a nós mesmas/os.
A continuación, formamos grupos de catro ou cinco persoas, tres para locutar e unha ou dous para a mesa técnica, e fomos pasando polo estudo e gravamos un informativo ficticio.
Despois de gravar cada programa, escoitámolo para comprobar como soaba.
Cando todos e todas acabamos de gravar compartimos como nos sentimos locutando e controlando o son.
Vergoña, nervios, estrañeza ao escoitar a nosa voz, alegría, felicidade, diversión... foron algúns dos nosos sentimentos.
E así rematou este obradoiro tan especial para as nenas, nenos e profes de 5º.