mércores, 31 de xaneiro de 2024

Actividade 'Plantando árbores con pinceis'

 A través de Afundación, obra social de Abanca e da man de 'A Vella Escola' levamos a cabo a actividade 'Plantando árbores con pinceis', un proxecto pola sustentabilidade que une cultura e coidado do medio ambiente, realizando un mural artístico con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire.

O alumnado de 4º, 5º e 6º realizaron o mural no exterior, pensando e elaborando o boceto.

O alumnado de 1º, 2º e 3º decoraron bolsas de tea de algodón con pinturas ecolóxicas... e aproveitando que estabamos preto do día 30 de xaneiro, moitos dos diseños tiñan relación coa paz e a non violencia.

Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo acercar ao alumndo unha mensaxe positiva sobre o coidado do entorno, propoñendo alternativas de ocio que fomenten o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

 






martes, 30 de xaneiro de 2024

30 de xaneiro (Día Internacional da Paz e da non violencia)

 Celebramos o Día da Paz durante toda a semana xogando a xogos de mesa que @s nen@s trouxeron da casa. Explicaban as normas de xogo, se comprometían a coidar o material e a xogar sen pelexar. O venres despois do recreo foi o Gran Día dos xogos, e cando se desfrutou de xogar, compartir, explicar, gañar e perder, falando, asumindo, etc.

Deixamos unha mostra do alumnado máis novo da escola:







Na entrada da nosa Biblio deixamos unha mostra de contos sobre a Paz e Non Violencia.


Tamén realizamos un gran mural na entrada do cole coas imaxes de todo o alumnado e profesorado, decoradas ao estilo Andy Warhol.