martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALIA de CASTRO


O día 24 de febreiro conmemorase o día de Rosalía de Castro. 
Dende Biblio Estrela festexamos dita data para que Rosalía viva na voz de nenas e nenos que recitan os seus poemas; as mozas e mozos descubren nos seus versos á muller que é, como ben di Ledicia Costas no seu manifesto polo día de rosalía. 
"unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda".
  
PREME NOS ENLACES

Os nenos/as de 6º quixeron facer un programa especial adicado a Rosalia de Castro recitando poemas nos que expresan as súas emocións.  

Non vos podedes perder este programa de radio.

Disfrutade da poesía.

POEMAS ROSALÍA DE CASTRO

e aquí algunhas das actividades que se levaron a cabo nas aulas

Poema "O Moucho"


Parece unha rosa
escoitade!!


CAMPÁS DE BASTABALES


POEMAS ILUSTRADOS 








VISITOUNOS CHARO PITA

 

 Recibimos a visita de Charo Pita.

Nesta ocasión os nenos/as de 3º de Educación Primaria 

e os cativos de Infantil disfrutaron da súa presenza.

Encantoulles!!!






Desexando que volte moi prontiño!!! 

venres, 12 de febreiro de 2021

Entroido 2021


Este ano foi un Entroido atípico pero non por iso deixamos de disfrutalo.

MIRADE MIRADE!!!


 Non podiamos esquecernos dos programas de Radio estrela!!!

Esperamos que os disfrutedes!!!

A disfrutar do Entroido, das orellas, filloas

 e todo postre típico destas datas!!!


Primeiro programa de Entroido 2021


Segundo programa radio do Entroido 2021


BO ENTROIDO 2021

venres, 5 de febreiro de 2021

THANKS MCKENNA

 Hoxe despedimos a MCKENNA Disney, natural do Estado de Oregón e auxiliar de conversa no noso cole dende Outubro.



Agora tócalle iniciar unha nova andaina no CEIP de Castrelo pero non sen antes ter unha despedida como ben se merece.

Durante o tempo que estivo con todos nós, amosou ter unha enerxía e alegria que soubo contaxiar.

Aprendímos moitísimo con ela e na útima semana... ensinounos xogos propios da súa cultura: paper football, heads up, 7 up, hangman.... e ata fixemos un crebacabezas de Oregón.









Non podía marchar sen antes deixar a súa presencia na nosa radio.

Aquí a entrevista que lle fixeron os nenos/as de 6º de EP!!!

Entrevista MCKENNA


Disfrutamos moitísimo con ela e desexamos que pronto poida regresar ao noso cole.

THANKS MCKENNA

SEMANA DO MECO

 Como é tradición na semana do entroido.... estamos atentos aos mandatos do meco.

Para LUNS....