venres, 26 de xaneiro de 2018

LUIS SAMPEDRO, CIENTÍFICO DO CSIC, NA BIBLIO DE ESTRELA.

Daniel Calo Castro, reporteiro da Biblio de Estrela

O venres 19 de xaneiro de 2018 o científico Luis Sampedro visitou o noso cole coa intención de dar unha charla sobre a súa estancia na Antártida.

O científico, contounos os segredos dunha viaxe ao continente branco, un continente descoñecido pero apaixonante. Describiunos o traballo que foi facer na base ceintífica española “Gabriel de Castilla” xunto con outros integrantes da expedición. 
Mostrounos fotos e vídeos das espectaculares paisaxes que se poden apreciar no “continente pulsante” e descubriunos os segredos daquelas terras e da súa fauna.
Non se limitou so con iso, ata chegou a imitar animais como o pingüín ou a foca, deixándonos claro a diferenza entre foca e lobo mariño. A súa visita foi moi divertida, pero sobre todo, moi interesante.

Finalmente, os rapaces de quinto e sexto fixéronlle unha entrevista para o xornal escolar que están elaborando.

Queremos darlle as grazas por pasar unha parte do seu tempo con nos, por contarnos a súa experiencia e achegar Vilariño a un continente tan alonxado e tan fascinante.




venres, 19 de xaneiro de 2018

Que vén Ledicia!!!

Que si, que si. Que  é verdade!!!

A nosa admirada escritora vén á  biblio de Estrela invitada pola clase de 6º!!!

Para preparar ben a visita e saber máis sobre Ledicia e a súa obra imos facer un xogo.

Nun alarde de orixinalidade imos chamarlle.... TACHÁAAAAAAN


O XOGO DE LEDICIA COSTAS !!!!!

(Seguro que non o esperabades)



Aquí van as bases do xogo para o alumnado participante (4º, 5º e 6º).

Pero o público dende as súas casas tamén pode xogar. Eso sí, non podedes publicar respostas antes do tempo estipulado.

Todas preparadas?

Bicos ledos nas costas 😋😋😋


ESTRELA