xoves, 23 de febreiro de 2017

Proxecto comedor: o informe

Ola xardiñas.
Queredes saber que puña o informe que @s nos@s investigador@s de segundo entregaron no cátering?
Pois os vosos desexos son órdenes, aí vai:



mércores, 22 de febreiro de 2017

Proxecto comedor: por fin chegou o grande día!

Mirade se non serán seri@s e profesionais est@s investigadores de segundo, que no medio do rebumbio do entroido marchan de viaxe de estudos.
A onde?
Onde vai ser? Ao cáterin Arelas!!!
Embarcarán no microbús e chuparán unha chea de quilómetros só para visitar o lugar de onde proceden as racións do comedor e ver o que alí se coce (nunca mellor dito 😛😛)


Mirade que porrada de camiño fan polo amor á sabiduría


Pero a súa misión non é só uliscar por ali, senón tamén presentar o informe do da súa investigación sobre o comedor.


@s do cáterin van quedar impresionad@s c@s nos@s investigador@s.

Non perdades ollo ao blog!!
Seguiremos informando deste fantabuloso proxecto!!

Así falou don Enrique: xoves

A ver se así nos arranxan os aseos.... que cheiro, que noxo!




venres, 17 de febreiro de 2017

Entroido en Vilariño: así falou don Enrique

Comeza a semana de entroido (si, semana. Porque co choqueir@s que somos en Vilariño, un só día de troula non nos chega a nada).

Este ano, don Enrique quíxose sumar á festa e danos un mandato para cada día.
O do luns xa está exposto. 

Hai que obecederlle!




mércores, 15 de febreiro de 2017

Proxecto comedor: Nin pinga de panga!


Aí ven o Entroido

O entroido está a piques de chegar a Vilariño.
Como todos os anos teremos disfraces, desfile, queima do meco, coplas.... e comida a escachar!
Mirade que cartaz máis reprecioso elaboraron as chicas de Covas.
Non faltedes á nosa festa!

Cartaz do desfile


As chicas de Covas no seu obradoiro artístico

martes, 7 de febreiro de 2017

Obradoiro da artista Lula Goce co alumnado da Modia e Covas de Lobos.

Dende a Modia e Covas chéganos esta interesante nova:

Os días 30 e 31 de xaneiro tivemos a sorte de ter un obradoiro sobre a figura humana coa artista Lula Goce.
Lula fíxonos unhas fotos, que posteriormente proxectou na parede e cada neno/a repasou a súa silueta.
Os nenos/as traballaron arreo en colaboración coas familias e a artista.
O resultado do obradoiro presentarase nunha exposición proximamente.