Vilariño, 23 de abril de 2018
Ola, anemoniñas lectoras:
Por fin chegou! Hoxe é o día do libro!!
Que tal van eses vídeos? Que saibades que xa recibimos
os primeiros na biblio e están de marabilla!!
O concurso vai ter un grande nivel!!!
Hoxe escríbovos para falarvos da seguinte
actividade festeira:
“Leme, profe”.
Veredes: cada día, despois do recreo, @s profes lerán para
vós libros fermosísimos en distintos recunchos do cole (dentro e fóra do edificio).
E como imos
organizarnos?
Pois moi chupado:
1.
No hall de
entrada do cole colocaremos un panel cheo de fichas como
esta:
En cada ficha atoparedes a seguinte
información:
·
@ profe lector/a.
·
Que obra vai ler.
·
Onde vai facelo.
E un pouco máis abaixo, un ocos onde podedes apuntarvos para ir escoital@s.
2.
Vós
mirades ben todas as opcións que tendes para a vosa idade, escolledes a que
máis vos preste e anotades o voso nome e curso.
Só podedes apuntarvos a unha lista!!!
Hai dez prazas por profe!!! Bulide para non quedarvos sen
ela!!!
3.
Poderedes
anotarvos mañá martes no recreo.
4.
Empezaremos as lecturas o xoves 26 de abril e remataremos
o venres 4 de maio.
Cada día, ao rematar o recreo, iredes ao
voso recuncho para gozar da lectura compartida.
Bicos lectores.
ESTRELA
Ningún comentario:
Publicar un comentario