xoves, 30 de maio de 2024

Picnic e Teatro Caracol

 

O 23 de abril coincidiu celebrar o Día do Libro dunha maneira moi especial, como xa fixemos o curso pasado:

Xornada de convivencia e 'picnic' no patio 

para despois ir camiñando ata o instituto Asorey 

e ver a representación do Teatro Caracol.


Pinchade na foto para ver o vídeo






                                                

Excursión do alumnado de Infantil a Pontevedra

 O 17 de abril, o alumnado de Infantil foron de excursión a Pontevedra: visitaron a exposición do Café Moderno sobre a Arte no Parlamento e fixeron un taller de pintar con 'robots'.



















Logo desfrutamos a obra de teatro 'Pingüin' en Afundación. Preciosa!



luns, 27 de maio de 2024

Buzón de suxerencias musicais

 Este curso iniciamos unha actividade para que o alumnado participe da elección das músicas do cole.

Se recolleron suxerencias e peticións musicais polas clases e se fixo unha selección. A caixa/buzón estará na entrada.

Xa temos as elexidas para o resto dos días lectivos. Hai moita variedade: infantís, pop, rock, movidas e lentas... para todos os gustos.




martes, 21 de maio de 2024

Semana do Libro

 Celebramos a Semana do Libro con varias actividades de todo o centro: na entrada había un mural cunha frase...

CANDO LEMOS...



En todas as aulas elaboramos a nosa resposta (con palabras, frases, debuxos... qué sentimos cando lemos, cándo lemos, con quén, qué historias nos gustan, etc.) E saíron cousas lindísimas e moi variadas.






A nosa tradicional actividade, que tanto éxito ten entre o alumnado, 'Leme, profe', este ano estivo relacionada cos países do mundo. Cada día se anotaron a un 'país' e os profes contamos unha historia, lenda, conto, biografía... dese país.




luns, 6 de maio de 2024

RETO DO 2ª TRIMESTRE

 Para seguir investigando e aprendendo sobre os países do mundo, nos distintos cursos xogouse ao Pasapalabra do mundo nas pantallas dixitais.



Aquí deixamos os enlaces para que xoguedes na casa... a ver cánto sabedes!









mércores, 1 de maio de 2024

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 MULLERES RELEVANTES NO MUNDO 

Pasapalabra cos nomes ou apelidos dalgunhas mulleres relevantes no mundo.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS 



Como se fixo... investigando, buscando información, lendo...




LECTURAS COMPARTIDAS

 

A semana do 11 ao 15 de marzo, a 'Hora de ler' converteuse nun momento de lecturas compartidas: alumnado de sexto foi o encargado de contarnos contiños... e que ben o fixeron! Desfrutámolo moito.