Amosando publicacións coa etiqueta reinvindicacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reinvindicacións. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de marzo de 2017

Eu tamén paro

Mañá, 8 de Marzo é o día Internacional da Muller.

Está convocado un paro reinvindicativo, 
Pola igualdade de dereitos. Contra a discriminación. Contra a violencia.

Eu tamén paro, de acordo coa convocatoria, de 12:00 a 14:00



Para saber máis:

http://www.codigonuevo.com/por-que-deberias-hacer-el-paro-internacional-de-mujeres-del-8-de-marzo/

http://www.feminismo.info/webgalego/

http://www.steg.gal/muller/ampliar.asp?id=3561

Bicos feministas:

ESTRELA

mércores, 30 de novembro de 2016

35 versos para o 25 de novembro

O 25 de novembro é o día mundial da eliminación da violencia contra a muller.

Para conmemoralo elaboramos un acróstico. 
35 versos. 
Fóra a violencia de xénero dende Vilariño.
Podedes velo neste vídeo.



Pero cremos firmemente no poder da educación para rematar coa lacra do machismo na nosa sociedade e neste sentido traballamos cada día.

Imaxe dunha concentración contra a violencia machista.

Bicos feministas

ESTRELA


xoves, 3 de novembro de 2016

Certame de microrrelatos de medo

O pasado venres 28 de outubro, na festa do Samaín e Halloween celebramos o certame de microrrelatos de medo.

Treme, arrepíate, rincha os dentes e empápate en frío suor escoitando ás mellores conteiras do universo mundo!


mércores, 5 de outubro de 2016

Celebración do Día Mundial dos Animais


Cambados quere aos animais


Onte pola mañá os nenos e nenas de 5º e 6º dos colexios de San Tomé, Magariños e Vilariño foron ao Concello de Cambados para celebrar o día mundial dos animais, e para concienciar á xente de que non maltraten aos animais.
Tamén os nenos e nenas acariciaron e xogaron con algúns dos cans e cun dos gatos do Refuxio, como por exemplo Nor, que vai en silla de rodas, ou Drako, Nusca, Ani, Clara e Vali.
Despois, Olga, a xefa do Refuxio de Animais de Cambados, doulles unha charla sobre o maltrato animal, e ensinoulles un vídeo chamado “Bestias”, que fala dos homes e mulleres que maltratan aos animais.
Tamén os nenos dos distintos colexios dixeron unhas palabras para concienciar á xente.
Ao final deron uns lazos de cor laranxa porque esa cor representa o maltrato animal.
Aquí vos deixamos o manifesto que leron Mateo e Andrea de 5º:
                                        "DESEXOS!"
Ola a todas e todos!
Estamos aquí representando aos nosos compañeiros do colexio de Vilariño. Todas as nenas e todos os nenos que estamos aquí, e os que non puideron vir, queremos celebrar o Día Mundial dos animais, manifestando o noso rexeite ao maltrato animal.

Queremos dende Vilariño mostrar este rexeite a través da palabra NON:
 
-Non aos circos con animais.
NON ao abandono e maltrato de animais.
-NON ás corridas de touros.
NON ás cazas e ás matanzas en safaris.
NON ás festas tradicionais nas que se maltratan animais.
NON aos enterramentos de animais vivos.
NON aos experimentos con animais.
NON ao comercio con animais.

Pero non nos queremos quedar coa palabra NON, senón que queremos dar propostas a favor dos animais e do seu coidado a través da palabra DESEXO :
DESEXAMOS donacións e axudas aos refuxios.
DESEXAMOS respecto para todos os animais.
DESEXAMOS o coidado dos seus hábitats naturais.
DESEXAMOS a adopción de animais.
DESEXAMOS a liberdade dos animais salvaxes.
DESEXAMOS o bo coidado dos animais: limpeza, alimentación, saúde, seguridade, educación,...

Non nos olvidemos que todos somos seres vivos! Os animais, ao igual que nós, tamén necesitan afecto, cariño, amizade, compañía, diversión, alegría, amor...
E sobre todo, necesitan ter DESEXOS!
Asinado:

Os nenos e nenas de 5º curso do CEIP Enrique Barreiro Piñeiro, Vilariño.

clica na imaxe para ver o vídeo
 
 

venres, 30 de setembro de 2016

O cole de Vilariño celebra o Día Mundial dos Animais

Mañá, 4 de Outubro, é o Día Mundial dos Animais.



Para celebrar tan importante data, o Refuxio organiza un acto coa colaboración do Concello de 

Cambados. O Cole de Vilariño ten a honra de participar como convidado.




En breve, ofreceremos a crónica do evento.