venres, 3 de decembro de 2021

SEMANA DAS CIENCIAS

 Como cada ano, conmemoramos a semana das ciencias na nosa biblioteca. 

Coa axuda de Estrela indagamos e descubrimos entre outras cousas que podemos  facer un foguete, que con un anaco de cartón se pode facer un piano e moitos outros experimentos que se levaron a cabo.. Mirade, Mirade!!!







venres, 19 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

 E POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA NO CEIP P ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO!!!

FESTEXAMOS O MAGOSTO CON CASTAÑAS, MÚSICA E XOGOS 

NUN DÍA NO QUE "LORENZO" SEMPRE NOS ACOMPAÑA!!!

 MOITO DISFRUTARON!!!





venres, 29 de outubro de 2021

Samaín e Halloween 2021

 HOXE..... SAMAÍN E HALLOWEEN  NO COLE DE VILARIÑO.

TEMPO DE CABAZAS, BRUXAS, CONXUROS, PÓCEMAS E...

MOITA PERO QUE MOITA DIVERSIÓN!!!

QUE BEN O PASARON ESTES CATIV@s!!! 



mércores, 6 de outubro de 2021

ESTRELA ABRE AS SÚAS PORTAS

ESTRELA  EMPEZA A RECIBIR AS SÚAS PRIMEIRAS VISITAS.

COMEZAMOS NOVO CURSO E SEGUIMOS DISFRUTANDO DUN ESPAZO CHEO DE DIVERSIÓN, ILUSIÓN E AVENTURAS ASEGURADAS.

DE SEGURO QUE ESTE ANO UN POUQUIÑO MÁIS TRANQUILIÑOS/AS 
(INDA QUE CON ALGUNHA PEQUENA NORMA COVID) 
PERO CON MOITAS  RAZÓNS PARA DARLLE UNHA VISITIÑA.




ESPÉRAVOS CON MOITA ILUSIÓN!!!




venres, 2 de xullo de 2021

DESPEDIDA A FERNANDO O NOSO DIRECTOR

 Despois dun ano moi complicado, cheo de incertidume  toca despedir a unha persoa que de seguro deixará moita pegada no noso cole, o noso Director Fernando.

Fernando, creo que xa o dixemos todo.

 Sabes que neste cole sempre seguirás sendo un pilar básico e que te botaremos moitísimo en falta. Sentimos moitísima mágoa pero sempre seguirás moi presente.

QUERÉMOSTE¡¡¡ como ben din os peques... o noso BEBE XEFAZO!!!

Con todo o agarimo do mundo!!!

ESPERAMOS QUE A TÚA NOVA ANDAINA ESTE CHEA DE NOVAS ILUSIÓNS!!!



venres, 18 de xuño de 2021

ECOPEREGRINAXE POLO NOSO PATRIMONIO

 A piques de rematar o curso queremos compartir  con tod@s o noso proxecto final:

 Ecoperegrinaxe polo noso patrimonio.

Un traballo cooperativo entre todo o alumnado e profesorado feito con moita ilusión

 nun ano cheo de incertidume.





venres, 4 de xuño de 2021

CADENA DE FAVORES

 A nosa cadena de favores comenza aquí.

Non permitas que remate

Traballo feito polos alumnos/as de 5º de EP  do CEIP P Enrique Barreiro Piñeiro




mércores, 26 de maio de 2021

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: Paula Carballeira

 Hoxe os raparigos de 4º de Educación Primaria disfrutaron dunha sesión de contacontos

 con Paula Carballeira; escritora, contacontos e actriz galega.

Disfrutaron moitísimo!!!





sábado, 1 de maio de 2021

E ASÍ FOI.... LEME PROFE

ESTE VENRES DESPOIS DO PATIO FORMAMOS GRUPIÑOS DE LECTURA PARA PODER DESFRUTAR DA ACTIVIDADE "LEME PROFE".

A TEMÁTICA DESTE ANO FORON AS LENDAS E CUMPLINDO CO NOSO PROTOCOLO COVID... DISFRUTAMOS DUN RATIÑO DE LECTURA COMPARTIDA.

AQUÍ ALGUNHAS DAS LENDAS QUE LEMOS ENTRE MOITAS OUTRAS:

- AS VIAXES DE PERSEO
- A LENDA DO FIO VERMELLO.
- ALFONSO X O SABIO E AS LENDAS DAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA.
- AS FADAS DO BOSQUE.
- A ORIXE DOS ELEFANTES.
MITOS E LENDAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
- BROWN BEAR.
- AS ORELLAS DO COELLO
- IZANAGI E IZANAMI (MITOLOXÍA XAPONESA)
- O CURIOSO ORIXE DAS AUGAS TERMAIS DA ILLA DE AROUSA.
¿POR QUÉ OS GALOS CANTAN DE DÍA?
A SOMBRA DO PEREGRINO DA QUINTANA
.....






venres, 23 de abril de 2021

23 Abril DIA DO LIBRO

 En Vilariño festexamos o día do Libro con varias actividades

 nas que se implicaron tanto as familias como os cativos/as do cole.

Dende contacontos esporádicos dende as casas ata contacontos nas aulas. 




Tamén fixemos un marcapaxinas con flores secas que recollimos no noso patio.








E realizamos a nosa especial peregrinaxe " En busca da Compostela" na que os cativos tiñan que resolver distintos retos para superar etapas e así acadar A Compostela. 
Nesta viaxe ían identificados cunha chapa que deseñaron eles mesmos e fixeron realidade  nun obradoiro de chapas na biblio de Estrela.





PREME NA IMAXEN


           

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!









venres, 16 de abril de 2021

OBRADOIROS NA BIBLIO

Novo trimestre... e coa mesma ilusión que o rematamos... continuamos cos 
obradoiros na Biblio Estrela!!!

Nesta ocasión... os raparigos/as de primaria disfrutaron 
ao longo de toda a semana 
duns obradoiros cheos de diversión!!

Diversión, vivenciación, motivación e interese !!! 






venres, 26 de marzo de 2021

OBRADORIOS NA BIBLIO

 Rematamos trimestre disfrutando dos tan ansiados obradoiros na Biblio Estrela!!!

Nesta ocasiòn o alumnado de infantil disfrutou dunhas xornadas cheas de diversion.






E o alumnado de 1º e 2º de EP disfrutaron dunhas xornadas na nosa horta.










 


martes, 16 de marzo de 2021

Cambados, punto de partida da nosa peregrinaxe

 Este ano o proxecto do cole está enfocado no camiño de Santiago.

 No primer trimestre empezamos a nosa andaina coñecendo o punto de partida: Cambados. 



Despois de moito investigar... os nenos/as de infantil C fixeron este resumo do seu mini proxecto.

De seguro que teredes pasado un rato moi divertido e cheo de aprendizaxe!!!

Parabéns raparigos polo voso traballo.


Agora... a esperar o moito que indagades sobre o camiño e a peregrinaxe!!


luns, 8 de marzo de 2021

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


 NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER LEMOS

 "ARTUR E CLEMENTINA"

(preme na imaxen para ver o audio conto)


 NO QUE SE NARRA COMO UNHA TARTARUGA QUE NON ESTABA A GUSTO COA VIDA QUE LEVABA DECIDE MARCHAR DA CASA E FACER AS COUSAS QUE LLE GUSTAN E A FAN FELIZ.


OS NENOS/AS DE INFANTIL C QUIXERON AXUDAR A CLEMENTINA DÁNDOLLE IDEAS DE COUSAS QUE PODÍA FACER E QUE A FARÍAN FELIZ.

MIRADE MIRADE!!!



Alumnado de 2º de Primaria


E mais contos sobre a temática

                    

                      

                     


e os maiores... disfrutaron do xogo mentras coñecián a grandes mulleres da nosa historia por medio do xogo WHO's SHE?


preme na imaxen para saber máis deste xogo


martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALIA de CASTRO


O día 24 de febreiro conmemorase o día de Rosalía de Castro. 
Dende Biblio Estrela festexamos dita data para que Rosalía viva na voz de nenas e nenos que recitan os seus poemas; as mozas e mozos descubren nos seus versos á muller que é, como ben di Ledicia Costas no seu manifesto polo día de rosalía. 
"unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda".
  
PREME NOS ENLACES

Os nenos/as de 6º quixeron facer un programa especial adicado a Rosalia de Castro recitando poemas nos que expresan as súas emocións.  

Non vos podedes perder este programa de radio.

Disfrutade da poesía.

POEMAS ROSALÍA DE CASTRO

e aquí algunhas das actividades que se levaron a cabo nas aulas

Poema "O Moucho"


Parece unha rosa
escoitade!!


CAMPÁS DE BASTABALES


POEMAS ILUSTRADOS 








VISITOUNOS CHARO PITA

 

 Recibimos a visita de Charo Pita.

Nesta ocasión os nenos/as de 3º de Educación Primaria 

e os cativos de Infantil disfrutaron da súa presenza.

Encantoulles!!!






Desexando que volte moi prontiño!!! 

venres, 12 de febreiro de 2021

Entroido 2021


Este ano foi un Entroido atípico pero non por iso deixamos de disfrutalo.

MIRADE MIRADE!!!


 Non podiamos esquecernos dos programas de Radio estrela!!!

Esperamos que os disfrutedes!!!

A disfrutar do Entroido, das orellas, filloas

 e todo postre típico destas datas!!!


Primeiro programa de Entroido 2021


Segundo programa radio do Entroido 2021


BO ENTROIDO 2021

venres, 5 de febreiro de 2021

THANKS MCKENNA

 Hoxe despedimos a MCKENNA Disney, natural do Estado de Oregón e auxiliar de conversa no noso cole dende Outubro.



Agora tócalle iniciar unha nova andaina no CEIP de Castrelo pero non sen antes ter unha despedida como ben se merece.

Durante o tempo que estivo con todos nós, amosou ter unha enerxía e alegria que soubo contaxiar.

Aprendímos moitísimo con ela e na útima semana... ensinounos xogos propios da súa cultura: paper football, heads up, 7 up, hangman.... e ata fixemos un crebacabezas de Oregón.









Non podía marchar sen antes deixar a súa presencia na nosa radio.

Aquí a entrevista que lle fixeron os nenos/as de 6º de EP!!!

Entrevista MCKENNA


Disfrutamos moitísimo con ela e desexamos que pronto poida regresar ao noso cole.

THANKS MCKENNA