luns, 12 de decembro de 2022
venres, 25 de novembro de 2022
martes, 1 de novembro de 2022
SAMAWEEN 2022
E ASÍ DE BEN O PASAMO NO NOSO DIA DE SAMAWEEN.
ESTABAMOS DESEXANDO VOLTAR Á NORMALIDADE
luns, 17 de outubro de 2022
sábado, 15 de outubro de 2022
Sesión Croma
Iniciamos Proxecto Anual "Contos de Película" e que mellor forma que recollendo millo para facer palomitas e disfrutar do cine mudo en branco e negro.
Estrela abre as súas portas
martes, 14 de xuño de 2022
luns, 13 de xuño de 2022
XOGOS NA BIBLIO de ESTRELA
Hoxe os cativ@s de infantil e primer ciclo de primaria disfrutaron dunhas xornadas de xogos na Biblioteca de Estrela coa compañía de Brazolinda e os seus xogos artesáns.
Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Están deseñados para o xogo conxunto de grandes e pequenos e axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través das adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual entre outros.
Leme profe
Despois duns anos con medias covid por fin disfrutamos do tan ansiado leme profe no noso patio.
LEME PROFE 2022
martes, 10 de maio de 2022
Letras Galegas 2022
Ola, xardiñas lindas!
Está chegando o día, está chegando a romaría!
O día das Letras Galegas está aquí á volta e tráiovos un bo feixiño de ideas e recursos para investigar, gozar e aprender.
Porque, imos dicir a verdade: sobre o homenaxeado deste ano... moito moitoooo non sabíamos, non?
Pois para iso se inventou este día, para recoñecer a valía de persoas que traballaron a prol da nosa cultura.
E cal é o agraciado deste ano? Pois Florencio Delgado Gurriarán.
Florencio así de contento na porta de infantil B |
Para saber máis sobre a súa interesante vida e a súa extensa obra, déixovos unha chea de recursos para que lles botedes un ollo, profes e nen@s.
http://engalego.es/conmemoracions/4/
http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2022/
https://primaveradasletras.gal/
https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran
https://orecunchodasfadas.blogspot.com/2022/05/recursos-das-letras-galegas-2022.html
Seguro que axiña tamén poderemos publicar as vosas investigacións e actividades relacionadas co noso homenaxeado.
Avante!
Bicos de maio.
ESTRELA
mércores, 4 de maio de 2022
Obradoiro de radio con Xosé María Bará
O mércores 27 de abril visitounos Xosé María Bará un especialista da radio.
Veu a axudarnos a 5ºA e 5ºB a mellorar o noso xeito de facer programas.
Chema converteu o ximnasio nun estudo de radio. Montou un posto de control técnico e unha mesa con tres micrófonos e tres auriculares para locutar.
Aínda que na biblioteca xa temos un estudo de radio, a actividade tiña que ser realizada nun sitio máis espazoso por precaución ante o COVID-19.
Deunos uns consellos para locutar mellor: a distancia ao micro, o volume da voz, os movementos da cabeza, os xestos para comunicarnos entre o equipo mentres gravamos, estar tranquilas/os, non ter vergoña, non preocuparnos e seguir adiante se nos equivocábamos...
Tamén ensinounos trucos para mellorar o control de son: como empregar dous reprodutores á vez, subir e baixar o volume ao xusto para non ditorsionar, sincronizar o volume da/o locutor/a e a sintonía...
Recomendounos empregar os auriculares sempre para poder escoitar aos demais e poder escoitarnos a nós mesmas/os.
A continuación, formamos grupos de catro ou cinco persoas, tres para locutar e unha ou dous para a mesa técnica, e fomos pasando polo estudo e gravamos un informativo ficticio.
Despois de gravar cada programa, escoitámolo para comprobar como soaba.
Cando todos e todas acabamos de gravar compartimos como nos sentimos locutando e controlando o son.
Vergoña, nervios, estrañeza ao escoitar a nosa voz, alegría, felicidade, diversión... foron algúns dos nosos sentimentos.
E así rematou este obradoiro tan especial para as nenas, nenos e profes de 5º.
martes, 3 de maio de 2022
Os Maios
Este ano recuperamos unha tradición moi arraigada na nosa cultura, os Maios.
Os cativos e as cativas de Educación Infantil da clase B indagaron na nosa biblioteca e coa axuda de Pinga e de Estrela descubriron qué precisabamos para facer un maio.
Ademáis, despois de ler o libro O maio da editorial Galaxia... quixeron recitar este fragmento do
poema de Curros Enriquez
Día do Libro
Como todos os anos festexamos no noso cole o día do libro coa "Caza do tesouro" en colaboración co EDNLG. Aquí tedes un breve resumo.
Ademáis, Pinga e a súa familia tamén nos trouxeron un novo capítulo das súas aventuras coincidindo co día da Terra, titúlase: Salvemos o Planeta.
Estade atentos... ¿queredes formar parte do noso club?
O noso cole xa ten o seu propio diploma acreditativo
a que esperas?
E non vos perdades a seguinte entrada... o tan ansiado LEME PROFE¡¡¡
xoves, 17 de marzo de 2022
Visitounos Ramón Veiga
Este 17 de Marzo estivo na nosa biblioteca "Ramón Veiga".
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, traballa desde o ano 1996 no eido da edición.
Ten publicados para o público infantil Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017), É tempo de Entroido! (2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (2019), Meigas fóra! (2020), Non pare a festa (2021), Miñoca e Coello (2021) e Miñoca e Pega (2022), todos eles no catálogo de Xerais.
No ano 2020 publicou o conto en liña #EuQuedoNaCasa, que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nen@s durante os días de confinamento provocados pola COVID-19. Con Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia 2021.
No ratiño que compartiu cos cativos /as faloulles dos seus libros, tales como
Violeta quere ser Vampiro
Foi unha sesión moi interesante onde os cativos/as participaron activamente.
Mirade mirade o moito que disfrutaron!!!
mércores, 9 de marzo de 2022
SEMANA DA PRENSA
ESTA SEMANA, OS CATIVOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL TRABALLAMOS A SEMANA DA PRENSA DE FORMA MOI VIVENCIAL.
PRIMEIRO FIXEMOS UNHA INSTALACIÓN "PROVOCATIVA" PARA UN PRIMER CONTACTO COA PRENSA.
DESPOIS DE MANIPULAR, VIVENCIAR, DISFRUTAR E XOGAR DEIXANDO VOAR A NOSA IMAXINACIÓN....
FALAMOS DA PRENSA, DOS DISTINTOS NOMES QUE SE COMERCIALIZAN NA NOSA COMARCA, DAS SECCIÓNS QUE ATOPAMOS NELES, DO TRABALLO DO/A REPORTEIR@ E DO/A REDACTOR/A... DE ONDE OS PODEMOS MERCAR... E SOBRE TODO DO "PAPAGAIO" E DO "FARO DA ESCOLA" QUE OS TEMOS MOI PRESENTES NO NOSO CENTRO.
martes, 8 de marzo de 2022
8-M Día Internacional da Muller
Dende o noso cole tamén quixemos traballar o 8 de Marzo, Día internacional da Muller.
Traballando a grandes mulleres importantes na historia e dende logo nas nosas vidas.