e que o fútbol!
martes, 19 de xuño de 2012
mércores, 13 de xuño de 2012
Every body colabora para que a biblio estea guapa!
Estou moi emocionada, porque tod@s as nenas e nenos do cole andan a traballar para convertir a biblio no fondo do mar. E sabedes para que o fan? Para que eu me atope a gustiño e non bote tanto de menos os océanos salgados.
@s de infantil de 4 e 5 anos fan cartaces para que empregar a biblio sexa chupado.
Aínda está sen rematar, pero a que xa ten moi boa pinta? |
A clase de primeiro posa orgullosa co seu panel |
Aquí o vedes con máis detalle |
Velaí @s artistas de segundo. Coas ganas que tiñan de sair no blog!!! |
Quedoulles tan chulo que non poden deixar de mirar para el. |
A clase de cuarto colaborou en moitas tarefas, pero do que máis lles gusta presumir é dos seus peixiños.
Empezaron a traballar con papel e cartón |
Silvestre comprobando que todo marcha correctamente |
Despois de moito andar a poñer todo perdido coa cola, veu a fase de pintado |
@s expert@s deliberando.... |
Pois parece que si, que lles gustan. Bravo!!! E ti, xa elixiches o teu peixe favorito?? A que agardas? Vén á biblio!!! Queres ver máis fotos? pois pincha aquí |
martes, 12 de xuño de 2012
Buzón de suxerencias
Ola, rapazada.
Vexo que xa vos animades a facer suxerencias no blog.
É estupendo!!!
Polo tanto, puxen unha nova pestana na parte superior da pantalla: O buzón de Estrela (ou sexa, o meu buzón).
Entrade e escribide todas aquelas ideas que credes que mellorarían a biblio.
Veña, esas neuronas a funcionar!!!
Estrela
martes, 5 de xuño de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)