Dende o CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro
queremos sumarnos nesta loita.
abrimos portas violetas?
Hoxe, 16 de Novembro é o día internacional do Patrimonio Mundial e non podíamos deixar pasar dita data xa que o noso concello está catalogado como Ben de Interese Cultural.
aproveitando o proxecto "Ecoperegrinaxe polo noso patrimonio".
Cada neno/a escolleu o monumento que mais lle gusta e .... mans a obra.
Aquí algunhas das suas creacións!!!
MONSTROS EN
COMPOSTELA
Antes do Samaín Estrela deixouunha carta en Primeiro.
Contábamos esta lenda sobre unha sombra misteriosa que se
pode ver algunhas noites na praza da Quintana, en Santiago
de Compostela.
Pica na imaxe se queres ler a lenda.
Logo, na biblio de Estrela, a súa profe deu con este conto:
E decidiron contarlle o que atoparon a Estrela.
Aquí vos
deixan unha mostra do seu traballo.
Día das
bibliotecas, Centenario de Rodari… e veña festa!
O día 23 de outubro os de primeiro celebramos o Centenario
de Rodari, que mellor maneira de celebrar tamén o día das Bibliotecas
Escolares, que se conmemoraba xusto ao día seguinte, o 24.
Estrela deixounos na clase algúns contos de Rodari,
escollemos este para ler:
E gustounos tanto unha canción de botar a sortes se pode ler
nel que…
Celebramos o día das Escritoras
Dende a Biblio de Estrela sumámonos á proposta pola Biblioteca Nacional de España en favor da reivindicación da labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
O pasado luns 19 de outubro, Día das Escritoras, na clase de primeiro recibiron unha entrega especial de Estrela.
Quixeron facer a súa propia homenaxe facendo o que elas e eles mellor saben, escribiron contos, felicitacións... aquí nos deixan unha mostra do seu traballo.
Tamén tiveron tempo para xogar á “Ruleta das Escritoras Galegas”.
Esperamos disfrutarades tanto coma nós!!!
Agora.... imos argallando a seguinte celebración!!!
e mentras argallamos....
non vos perdades a seguinte publicación porque....
o dia das Bibliotecas Escolares non se nos olvidou
e gran merecido espacio tiña que ter
na nosa seguinte publicación!!!
CONTINUAMOS COA FESTA!!