Ultimamente non paro de poñer lavadoras.
Case non hai mañá que non bote por riba o leite de beluga con galletas de placton.
É que a min me gusta moito almorzar lendo o xornal, mentres as nenas e os nenos do plan madruga van chegando e enchendo a biblio de vida.
A cousa é que case non hai semana na que non saiamos na prensa. Por unhas cousas ou por outras. Este cole é un non parar.
E claro, unha pasa a páxina e atópase de súpeto co nome do noso cole e con caras coñecidas e tan queridas e.... pega un chimpo e.... hala! o almorzo por riba.
(Tentarei, coa axuda do equipo de redacción da biblio, ir subindo todas as cousas que pasaron estas semanas. Conseguirémolo? Veremos.)
Hoxe falareivos de algo que me fixo especial ilusión: a nosa compañeira NAIA RODRÍGUEZ acadou grandes éxitos en ximnasia acrobática, unha modalidade deportiva moi pouco coñecida para o grande público.
Nada máis e nada menos que CAMPIONA DE GALICIA E SUBCAMPIONA DE ESPAÑA.
Que, como vos quedou o corpo?
Como siga gañando competicións, imos ter que poñer un corcho novo.
O mellor de todo é que agora hai unha auténtica febre xinmástica no cole.
Nos cambios de hora podes ver os corredores cheos de nenas e nenos que van dun aula a outra facendo volteretas laterais e mortais con dobre rizo.
Pensades que esaxero?
Pensades que este furor non é para tanto? Ja! Rímonos nós da moda do spinner ese.
Mirade, mirade....
Fernando, ten points!
Ante esta situación, Naia decidíu tomar cartas no asunto e darnos unhas nocións básicas para que ninguén saise ferid@...
É moi importante aprender a agruparse para rodar correctamente
Coa axuda do banco sueco e da campiona de Vilariño, nada pode sair mal.
O equipo de redacción da Biblio non quixo deixar pasar a ocasión de entrevistar á nosa ximnasta. Queremos saber máis cousas dela e do seu deporte!
(Saír no Faro, na Voz, no Diario está ben. Pero ata que non saes neste blog non podes considerarte unha verdadeira ESTRELA 😜)
As xornalistas de 6º prepararon as preguntas e o equipo técnico de segundo deulles unhas nocións sobre como funcionan os novos trebellos de gravación.
A cacharrada xa non ten ningún misterio para os de segundo.
Remato a mazá e empezamos o ensaio!
E listo! Hoxe mércores é o grande día! Non perdades o resultado!
Bicos acrobáticos
ESTRELA