venres, 28 de xuño de 2024

Talleres interciclos

 Rematamos o curso 23-24 cun resumo do traballado polo alumnado nos talleres interciclos, dinámica enmarcada en Polos Creativos.


Se pinchades na foto o veredes...




Dende a Biblioteca de Estrela, desexámosvos un feliz verán e un merecido descanso. E agradecemos todo o traballo e colaboración prestados. Ata setembro!

domingo, 23 de xuño de 2024

A 1ª edición da Revista do Ceipp Enrique Barreiro Piñeiro

 Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a súa coordinadora Carmen elaborou a edición deste primeiro xornal da escola, cos traballos, visitas, exposicións, celebracións, etc. de todo o curso 23-24.

 Queda o enlace para que o leades e o desfrutedes! Moi bo traballo!!


E dende a clase de 4º, un suplemento da Revista: 



Proxecto anual da biblio

 Ao longo do curso foise traballando nas aulas o Proxecto 'O Mundo nunha viaxe'. Nenos e nenas investigaron sobre Xapón, Francia, Os continentes... viaxaron a través da arte a Barcelona, Francia, Holanda, 'foron' a Madrid, Nepal ou Alemaña e lemos contos de Grecia, África ou Londres.

A última semana de cole expuxéronse os traballos nos corredores para que o resto dos compañeir@s ou familias os puideran desfrutar.
























Madrid en 6º:



1º, en vídeo:















Contacontos

 Dúas mestras do cole da Pastora viñeron a contarnos o conto 'Maruxa' cun pouco de dramatización.

Para o alumnado de Infantil na biblio de Estrela.




Obradoiro de radio

 O alumnado de 3º e 4º tivo a sorte de realizar un obradoiro de radio da man de Soledad Felloza.







Break dance e beat box

 Todo o alumnado puido desfrutar dunha sesión de Break dance e beat box da man de 'Vella escola', que lles amosou en que consistía esta forma de bailar, as batallas e a forma de facer sons e música coa boca e logo lles deixou facer... un éxito.







Letras Galegas

 O alumnado de 2º de Primaria, coa axuda da profe Marián, quixo facer a súa especial homenaxe a Luísa Villalta. Os actos realizáronse no Salón Peña de Cambados, ao que se trasladaron de excursión o 16 de maio para facer bailes, cancións e recitado de poemas.

O alumnado de 1º contribuiu pintando o panel conmemorativo.





Actuación:



xoves, 13 de xuño de 2024

Os Maios

 Elaboramos o Maio de Vilariño coa axuda de tódalas familias que fixeron acopio de fiúncho, pampullos, flores varias, ovos, laranxas, bugallos...
Os nenos e nenas elaboraron colares (en Infantil e 1º ciclo de pampullos) e a rapazada de sexto coa súa titora, coseron o fiúncho e o foron montando. Un traballo colaborativo cun resultado ben bonito!

Presentáronse todos os maios do Concello no Salón Peña (porque o tempo non acompañou para facelo fóra...) e os pícaros de primeiro cantaron e tocaron unha fermosa copla de Maio. 







 PULSA PARA VER A ACTUACIÓN NO CONCELLO