Hoxe estivo con todos os nenos/as
do cole e máis os nenos/as da escola da Modia o cociñeiro de paradores Diego
Cordeiro, gañador dúas veces consecutivas do premio “Tapas de Paradores”.
Como o noso proxecto de centro está adicado á horta, quixo
facer para nós dous pratos nos que os ingredientes principais foran froitas ou
verduras.
Preparounos Biscoito de remolacha espumoso e Licuado de
verduras e froitas.
Ademais de cociñar explicounos cómo era o seu traballo,
dende os utensilios que empregaba ata a hixiene precisa na elaboración
culinaria que calquer cociñeiro debe ter presente.
Finalmente, fixémoslle una entrevista na radio da que disfrutou motísimo.
Podedes escoitar a entrevista neste enlace
E para rematar…
quixemos agasallalo cun pequeño detalle feito por todos os nenos/as, un gorro
de cociñeiro firmado por cada un de nós!!!