martes, 10 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

Ola, xardiñas lindas!

Está chegando o día, está chegando a romaría!

O día das Letras Galegas está aquí á volta e tráiovos un bo feixiño de ideas e recursos para investigar, gozar e aprender.

Porque, imos dicir a verdade: sobre o homenaxeado deste ano... moito moitoooo non sabíamos, non?

Pois para iso se inventou este día, para recoñecer a valía de persoas que traballaron a prol da nosa cultura.

E cal é o agraciado deste ano? Pois Florencio Delgado Gurriarán.

 

Florencio así de contento na porta de infantil B

Para saber máis sobre a súa interesante vida e a súa extensa obra, déixovos unha chea de recursos para que lles botedes un ollo, profes e nen@s.

http://engalego.es/conmemoracions/4/

http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2022/

https://primaveradasletras.gal/ 

http://seminariogalan.org/ 

https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran 

https://orecunchodasfadas.blogspot.com/2022/05/recursos-das-letras-galegas-2022.html

Seguro que axiña tamén poderemos publicar as vosas investigacións e actividades relacionadas co noso homenaxeado.

  Avante! 


 Bicos de maio.


ESTRELA

 

 


mércores, 4 de maio de 2022

Obradoiro de radio con Xosé María Bará

O mércores 27 de abril visitounos Xosé María Bará un especialista da radio.

Veu a axudarnos a 5ºA e 5ºB a mellorar o noso xeito de facer programas.



Chema converteu o ximnasio nun estudo de radio. Montou un posto de control técnico e unha mesa con tres micrófonos e tres auriculares para locutar.

Aínda que na biblioteca xa temos un estudo de radio, a actividade tiña que ser realizada nun sitio máis espazoso por precaución ante o COVID-19.




Deunos uns consellos para locutar mellor: a distancia ao micro, o volume da voz, os movementos da cabeza, os xestos para comunicarnos entre o equipo mentres gravamos, estar tranquilas/os, non ter vergoña, non preocuparnos e seguir adiante se nos equivocábamos...



Tamén ensinounos trucos para mellorar o control de son: como empregar dous reprodutores á vez, subir e baixar o volume ao xusto para non ditorsionar, sincronizar o volume da/o locutor/a e a sintonía...




Recomendounos empregar os auriculares sempre para poder escoitar aos demais e poder escoitarnos a nós mesmas/os.

A continuación, formamos grupos de catro ou cinco persoas, tres para locutar e unha ou dous para a mesa técnica, e fomos pasando polo estudo e gravamos un informativo ficticio.





Despois de gravar cada programa, escoitámolo para comprobar como soaba.

Cando todos e todas acabamos de gravar compartimos como nos sentimos locutando e controlando o son.

Vergoña, nervios, estrañeza ao escoitar a nosa voz, alegría, felicidade, diversión... foron algúns dos nosos sentimentos.

E así rematou este obradoiro tan especial para as nenas, nenos e profes de 5º.


martes, 3 de maio de 2022

Os Maios

 Este ano recuperamos unha tradición moi arraigada na nosa cultura, os Maios.

Os cativos e as cativas de Educación Infantil da clase B indagaron na nosa biblioteca e coa axuda de Pinga e de Estrela descubriron qué precisabamos para facer un maio.



Ademáis, despois de ler o libro O maio da editorial Galaxia... quixeron recitar este fragmento do 

poema de Curros Enriquez




Día do Libro

 Como todos os anos festexamos no noso cole o día do libro coa "Caza do tesouro" en colaboración co EDNLG. Aquí tedes un breve resumo.

Preme na ligazón


Caza do Tesouro


Ademáis, Pinga e a súa familia tamén nos trouxeron un novo capítulo das súas aventuras coincidindo co día da Terra, titúlase: Salvemos o Planeta

Estade atentos... ¿queredes formar parte do noso club?








O noso cole xa ten o seu propio diploma acreditativo

a que esperas?


E non vos perdades a seguinte entrada... o tan ansiado LEME PROFE¡¡¡