Ola gradiseliñas!
Sabedes que día é hoxe, a que si?
Co que nos amades, non se vos puido
escapar que o 4 do outubro é o
DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS.
Os animais e @s humanas compartimos
o planeta pero… ás veces non nolo poñedes moi doado.
Multitude de especies salvaxes están
en perigo de extinción ou se extinguiron xa.
Que quere dicir iso? Que apenas
quedan exemplares. Ou que xa non queda ningún.
A acción humana (contaminación,
deforestación…) rematará destruíndo o noso planeta… a non ser que comprendades
que o resto dos seres vivos precisan do voso respecto e o voso coidado… e cambiedes de actitude!!!.
E que pasa cos animais domésticos? Proporcionádeslle
unha vida digna? Coidádelos e atendedes as súas necesidades?
A meirande parte d@s humanos deste
cole convivides con animais… reflexionastes algunha vez sobre este asunto?
Levádelos @ veterinari@,
desparasitádelos, aseádelos?
Dádeslle un lugar limpo e cómodo
onde descansar?
Éncheme o corazón de tristura ver a tanto
can e cadela amarrados a unha cadea de por vida. Pregúntome: para que a xente
ten mascota se non a sabe coidar?
Menos mal que hai outras moitas
persoas amantes dos animais! Coma vós!
E para celebrar este día como merece,
prepareivos unha sorpresa.
Xa está lista unha escolma de libros
nos que o bicherío somos os protagonistas!

Vinde, vinde!!! Leonardo,
Rantamplán, Ideáfix, Bogar, Buligán, Chamizo, Máquina, Aydin e moitos máis
están agardando por vós!
Animaladas de bicos….
ESTRELA