mércores, 30 de novembro de 2016

35 versos para o 25 de novembro

O 25 de novembro é o día mundial da eliminación da violencia contra a muller.

Para conmemoralo elaboramos un acróstico. 
35 versos. 
Fóra a violencia de xénero dende Vilariño.
Podedes velo neste vídeo.



Pero cremos firmemente no poder da educación para rematar coa lacra do machismo na nosa sociedade e neste sentido traballamos cada día.

Imaxe dunha concentración contra a violencia machista.

Bicos feministas

ESTRELA


martes, 29 de novembro de 2016

Última chamada!!

Como xa é noticia dende aquí ata o meridiano 35 este, en Vilariño estamos preparando unha exposición de fotos sobre o noso cole.

Mandamos notas, mensaxes, pegamos cartaces, fomos casa por casa... e todo para que abrades os vosos cofres dos tesouros máis valiosos e compartades co resto da comunidade aquelas imaxes daqueles marabillosos anos.

Pero vese que as chaves dos cofres deben estar ben agochadas, que poucas fotos chegaron ás nosas mans.

Remata o tempo programado para preparación da exposición!!!

Por eso.... ÚLTIMA CHAMADA!!! COLABORADE!!! HELP!!! AXUDIÑAAAAAAA!!!!




Nenas e nenos de 2º empapelando Vilariño para abrandar os vosos corazonciños...

Formación de usuari@s: o pasaporte.

Abrimos unha nova sección no blog: formación de usuari@s.
Aquí iremos colgando toda a información necesaria para que vos movades pola biblioteca como peixe pola auga e lle tiredes todo o partido posible.

Iremos explicando como atopar un libro, como facer o préstamo, as normas da biblioteca...

Hoxe empezamos cunha novidade: o pasaporte.



Que é? Para que serve? Mirade que ben explicadiño está neste vídeo.



xoves, 17 de novembro de 2016

Quen é quen?

Xa están empezando a chegarnos fotos históricas do noso cole (pero poooucas, animáaadevos a colaboraaaaar) e a clase de 2º está traballando na súa organización.
Pero chegounos esta, da que non temos data, nin nome. Nin sabemos onde se tirou, nin quenes son os protagonistas...

Xogamos un pouco ao QUEN É QUEN?
Fixádevos ben nas caras e a ver a cantos datos podemos aportar de cada un das persoas que aparecen na foto (nome, algún parentesco co alumnado de hoxe en día...) e das circunstancias (lugar onde se tirou, con que motivo, algunha anécdota...)



A ver se somos quen de identificar aos 53 


Chámanos a atención que solo saian homes... non había alumnas, non había mestras?
Se si había, onde estaban?

Ui, cantas preguntas....

Participade aportando novas preguntas e todas as respostas!



SOLUCINARIO
1.- Enrique Barreiro Piñeiro.
8.- Ramón Martínez (avó e Samuel e Adriana Falcón).
11.- Antonio Torres (tío avó de Alba).
29.- Anxo Baúlo (avó de Mateo Padín).
Ano: ????
Lugar: ????
Motivo da foto: ?????
Fotógrafa/o: ??????

sábado, 12 de novembro de 2016

Entrevista a Sergio

Continuando a sùa investigación sobre o comedor do colexio, o alumnado de segundo entrevistou a Sergio, o seu encargado.
Despois de moita elaboración, ensaios e nervios, a gravación da entrevista realizouse o xoves no propio comedor.
As nosas fontes infórmannos de que o entrevistado foi moi amable e simpático e @s investigador@s moi riguros@s e profesionais.
Adiantamos unhas instantáneas da entrevista, pero para vela integramente teremos que agardar a súa estrea mundial.
Velaí van:






Samaín 35, a película

Na biblio estamos preparando a gravación da peli do Samaín 35.
Mentres chega a estrea mundial, aqui vos vai un trailer para que vaiades rillando nas uñas.


Muahahahahahaha

  1. ESTRELA

venres, 11 de novembro de 2016

Axudainos, axudaaaainos. Dainos unha axudiñaaaaaa

Unha das actividades que estamos a preparar para o noso PROXECTO 35 é unha exposición de fotos da historia do cole, chea de xogos e sorpresas.
Precisamos da vosa axuda, familias!!
Lede atent@s o cartaz que elaborou o alumnado de 2º e co que empapelou Vilariño enteiro.

Cartaz elaborado por Angelina. A que é chulísimo??!!


Contamos con vós!!

Feira Proxecto 35

Como xa sabedes, o noso cole cumple 35 anos e queremos facerlle un grande agasallo: pintar un fermoso mural na súa fachada.

Pero para iso fannos falta cartiños... 

O vindeiro día 18, coincidindo coa festa do magosto, o grupo de 5º  organiza un mercadiño onde podedes atopar.... mirade, mirade!

Cartaz do evento. Clica na imaxe para ampliar

E non perdades o anuncio que está a revolucionar as televisións do mundo mundial!!!



Agardámosvos!!!




xoves, 3 de novembro de 2016

E ti... que opinas?: Laika

Tal día coma hoxe, un 3 de novembro, pero de 1957, a cadela rusa Laika era lanzada ao espazo a bordo da nave Sputnik 2, morrendo ás poucas horas do despegue.

O obxectivo da súa viaxe era experiementar o grao de supervivencia dos seres vivos nas viaxes espaciais.

Foi o primeiro animal en orbitar a atmósfera terrestre e unha heroína, ao seu pesar.


Tantos anos despois segue o debate: 

Está ben empregar animais para experimentos científicos, aínda sabendo que estes poden causarlles sufrimento e incluso a morte?

Acaso estas experimentacións non trouxeron un importantísimo avance (por exemplo na medicina) que melloraron e mesmo salvaron a vida a millóns de persoas?

e ti.... que opinas?


ESTRELA

Para saber máis: 





Certame de microrrelatos de medo

O pasado venres 28 de outubro, na festa do Samaín e Halloween celebramos o certame de microrrelatos de medo.

Treme, arrepíate, rincha os dentes e empápate en frío suor escoitando ás mellores conteiras do universo mundo!


mércores, 2 de novembro de 2016

Novidades

Os expositores de novidades están repletos agardando por ti.

Que marabillosas sorpresas!