Amosando publicacións coa etiqueta dalle que dalle. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dalle que dalle. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de decembro de 2018

Programando colegas

Ola rapantiñ@s.

Como xa sabedes, na área de Educación Física estivemos coa linguaxe de programación ás voltas.

Como sempre dicimos, a parte do corpo que máis temos que usar nesta área é o cerebro e abofé que estas sesións serviron para poñelo ben cachas!!!

Para facer máis doados os procesos de entender, interpretar e transmitir as mensaxes deste novo código robótico que mellor que vivencialo primeiro no noso propio corpo!

Aproveitamos os cadros do maltreito chan do noso ximnasio e o material de Educación Física para deseñar circuitos e logo trazar roteiros cumplindo as consignas dadas.

Ao primeiro custounos un pouco, pero a correr collémoslle o xeito.

Ata programamos ás nosas/os colegas-robot para facer un feixe de accións novas!

Aquí deixo un vídeo resume destes días.




Agardo que vos guste.

Bicos programados


ESTRELA



venres, 14 de decembro de 2018

Bibliotecari@s con chip. Xogando cos escornabots na biblio.

Ola, choquiñ@s.

Seguimos ás voltas cos nosos escornabotiños.

Pensamos que sería unha idea estupenda ensinarlles toda esa leria da CDU e a organización da biblio.

Como son tan listos, seguro que o pillan á primeira e axiña poderán facerse cargo da tarefa de colocar cada cousa no seu sitio!

Aquí déixovos un vídeo da actividade desenvolvida co alumnado de 4º coa axuda inestimable das/os axundantes de 1º.





Tamén podedes descargar os taboleiros de xogo e consultar a ficha didáctica aquí:

Agardo que vos guste.


ESTRELA


sábado, 1 de decembro de 2018

Montando o escornabot

Como parte da comunidade das Bibliotecas Creativas, comprometémonos a compartir os materiais didácticos que imos xerando.

Aquí tendes un vídeo explicativo de como montar un escornabot.

Polo de agora temos catro, pero agardamos que axiña medre a nosa familia cibernética!

Que traballiño deu, mimadriña! (o vídeo, o do robot está chupado).

Gozádeo e a escornabotear!



bip bip


Estrela