Para que disfrutedes dunhas vacacións xogando e 'viaxando' con lecturas interesantes , vos deixamos estas recomendacións:
Felices Festas e vémonos o ano que vén!
Para que disfrutedes dunhas vacacións xogando e 'viaxando' con lecturas interesantes , vos deixamos estas recomendacións:
Felices Festas e vémonos o ano que vén!
Viaxamos polo mundo para coñecer científicos e científicas e os seus inventos e/ou experimentos máis relevantes.
Amosámosvos unha mostra do traballado:
(Se pinchades nalgunhas das fotos accededes ao vídeo)
Baixo o lema FLORECE... E CRECE LIBRE
conmemoramos o Dia da non violencia de xénero, participando todo o colexio aportando 'pétalos' con mensaxes de reivindicación, respecto, repulsa á violencia, etc.
O pasado venres 17 de novembro o tempo acompañounos para celebrar o Magosto todo o alumnado, profesorado e familias que nos prestaron a súa axuda para asar as castañas e coas que compartimos unha xornada festiva de xogos populares, música e castañas.
Moitas gracias pola colaboración, familias!
O pasado 31 de outubro celebramos unha das festas máis terroríficas e a que máis lles gusta á rapazada:
o Samaín!
Trouxemos cabazas decoradas, decoramos a biblio con pantasmas, as aulas e os corredores... e o propio día viñemos disfrazados e preparamos unhas merendas arrepiantemente deliciosas!
Para ver o día en imaxes, pulsade no enlace:
DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de outubro)
Para conmemorar o Día das bibliotecas, ao longo desa semana de outubro levamos a cabo distintos retos en todos os niveis do cole.
O fío condutor era a viaxe polos contos... e o escenario a biblioteca.
Coma se foramos detectives que tiveramos que resolver un misterio, superando probas, buscando pistas... ata a recompensa final!
Feliz día e felices viaxes a través dos contos!
Este curso iniciamos unha dinámica para aproveitar os materiais dos Polos creativos: os 'talleres dos venres'. Os venres as dúas últimas horas, o alumnado se distribúe en grupos internivel e vai aos diferentes talleres: de cociña, teatro e dramatización, horta, robótica, legos, impresión 3d, bricolaxe, máquinas simples, costura, legos, ioga, chapas, papiroflexia e resina ou plotter.
No vídeo amosámosvos que ben o pasamos e canto aprenden😊
Benvida á nosa biblioteca un curso máis!!
Os máis cativos están a coñecela da man dos maiores, xogando cos kappla, os legos e demáis xogos bonitos que temos. Moi importante é aprender a recollelos con coidado e gardalos no seu lugar, para que se manteñan bonitos.
Tamén fixemos o empréstito de contos para casa.
Este mes tivemos dous obradoiros moi importantes e sobre todo... moi vencellados a Estrela.
Como cada ano festexamos unha festa de tradición cultural moi arraigada no noso pobo.
Buscamos información na nosa biblioteca, recitamos algúns poemas como "Aí ven o Maio" de Curros Enriquez... e elaboramos o noso propio Maio onde todos participamos.
Coa colaboración de todas as familias imos facendo provisión de fiunchos, pampullos, calas, ovos baleiros, coquiños.... para elaborar o noso propio Maio e .... a traballar!!!
Os máis pequeniños encárganse de facer colares de pampullo, outros fan composicións de flores, cadeas de ovos baleiros... e os maiores fan a produción final.
Aquí o resultado.
Para conmemorar a semana do libro estivemos argallando moitísimas actividades.
Este mércores o alumnado de 5º e 6º disfrutaron dun día na Coruña para visitar o Museo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e aprender moito na exposición fotográfica MUNCYTx100.
De seguro que despois de indagar na nosa biblioteca sobre os avances tecnolóxicos... estiveron observando máis vivencialmente o aprendido no Museo.
Podedes comprobar que temos unha semana moi completiña.
Hoxe toca Convivencia no centro para despois asistir a obra Teatro caracol
Disfrutamos dun picnic tod@s xunt@s no patio do cole e
despois dunha xornada chea de moita diversión disfrutamos da tan ansiada obra de teatro.
Durante os días 24 de Marzo de 2023 e o 14 de Abril de 2023, os fisoterapeutas de Atención Primaria Jimenez Guerra e Guillermo Bilbao Ogando, acudiron ao noso cole para realizar unhas charlas informativas sobre o Programa de Prevención de dor de costas en alumnos/as de Educación Primaria.
Nunha primeira sesión recibiron información sobre factores contribuintes máis salientables para a aparición de dor de costas así como as medidas a tomar para mellorar a saúde de columna vertebral.
Na segunda sesión xa ten máis contido práctico amosando propostas e pautas activas co fin de interrumpir o sedentarismo.