Bós e chuviosos días, peixiños!
Perdón por estar tantos días sen vir por aquí, pero...este Entroido acabou comigo! Non sei se sabedes que os nenos e nenas do cole leváronme por aí de desfile o sábado polas rúas do pobo subida nunha carroza! Ai, que bien o pasei! Iso sí, rematei esgotada de tanto bailar e menear as escamas, pero o que desfrutei...😍😍
E por certo...mira que estabades guap@s o venres todos disfrazados de libros! Hei de confesar que me fixo tanta ilusión que algunha lagrimiña sí que soltei 😊. Así que para poder presumir diante dos menús amigos e amigas fixen este vídeo onde saídes tod@s impresionantes. Espero que vos guste!
Bicos emocionados
Estrela
UMQO0737[1] from ceipenriquebarreiro on Vimeo.
venres, 16 de febreiro de 2018
mércores, 7 de febreiro de 2018
Así falou don Enrique: xoves
Velaí vai o último mandato deste ano:
A mascota da nosa biblio
chámase Estrela e é unha peixa
sempre está aí, axudando,
sen dar unha soa queixa.
Un día chegou nadando
coas súas escamas coloridas
gustoulle tanto Vilariño
que quedou aquí de por vida.
O xoves vestiremos como ela
cada prenda dunha brillante cor
Seguro que á nosa Estreliña
faralle moooooita ilusión.
martes, 6 de febreiro de 2018
Así falou don Enrique: mércores
Cantas cousas hai na biblio!
Na nosa biblio hai de todo
cada quen ten o seu recuncho favorito.
Aquí les historias, descubres ciencias
ou aprendes a facer un ovo frito.
Cada tema ten un código, un debuxo e unha cor.
Empeza a empregalos, ánimo!, sen medo,
e pronto atopar o que buscas
para ti non terá ningún segredo.
O mércores deixarei que elixas
o complemento que máis che acaia.
Gorro de cociñeira?, Capa de superheroe?
Bata de médica? De bailarín, saia?
Rabo de león?, Científicos pelos?
Tocado de faraona? De rato, o bigote?
Pensa no teu tema, busca un obxecto
e vén feito un monigote.
luns, 5 de febreiro de 2018
Así falou don Enrique: martes
Velaí van as instrucións para martes:
Xusto ao lado da biblio
está o cuarto da caldeira
que non para de botar gases
semella unha vaca peideira!
Se estamos alí traballando
collemos un colocón.
Pedímoslle a quen corresponda
que lle poña solución.
Mentres tanto non se amaña
atent@s tod@s, pandilla
para poder respirar
o martes traemos mascarilla!
Xusto ao lado da biblio
está o cuarto da caldeira
que non para de botar gases
semella unha vaca peideira!
Se estamos alí traballando
collemos un colocón.
Pedímoslle a quen corresponda
que lle poña solución.
Mentres tanto non se amaña
atent@s tod@s, pandilla
para poder respirar
o martes traemos mascarilla!
Así falou don Enrique: luns
Entramos na semana de Entroido e don Enrique, tan riquiño el,danos a instrucións para vir adobiad@s cada día .
Atención: Luns!
O entroido está aquí de novo
e xa me toca falar
de que vimos cada día?
Como nos imos disfrazar?
Pois coma sempre, do proxecto.
Este ano estou contento
despois de arranxar a fachada
toca mirar o de dentro.
A biblio é a protagonista
onde pasan as cousas importantes
Para non perdernos nada
o luns virmos con gafas rechamantes!
Atención: Luns!
e xa me toca falar
de que vimos cada día?
Como nos imos disfrazar?
Pois coma sempre, do proxecto.
Este ano estou contento
despois de arranxar a fachada
toca mirar o de dentro.
A biblio é a protagonista
onde pasan as cousas importantes
Para non perdernos nada
o luns virmos con gafas rechamantes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)