Ola, piardiñas.
Hoxe, 14 de febreiro, é o día de san Valentín. O día das namorad@s, disque.
E como o imos celebrar na biblio?
Pois tendo unha cita cos nosos máis grandes amores! Os libros!
Propóñovos o seguinte:
Imos organizar unha cita a cegas.
Un encontro inesperado cun libro que nos namorará.
Como nos organizamos?
1. NA ENTRADA DA BIBLIOTECA ESTANVOS ESPERANDO DUCIAS DE LIBROS ENVOLTOS PARA MANTER A SÚA IDENTIDADE EN SEGREDO.
2. AS CORES DO ENVOLTORIO CORRESPÓNDENSE COA IDADE D@S LECTOR@S.
VERMELLO: primeir@s lector@s.
VERDE: lector@s autónom@s
AMARELO: grandes lector@s
3. ESCOLLEREDES O VOSO LIBRO SEGUINDO OS PÁLPITOS
DO CORAZÓN, A DIRECCIÓN DO VENTO, A POSICIÓN DO SOL NO FIRMAMENTO… OU SEGÚN SE
É MÁIS GROSO OU MÁIS FINO…. QUE NOS COÑECEMOS!
4. FACEMOS O PRÉSTAMO NO ORDENADOR DE XESTIÓN.
5. E XA PODEMOS LEVALO!
6. DAMOS O MELLOR DE NÓS NESTA CITA, LENDO O LIBRO
CO MAIOR INTERESE E CARIÑO (MALO SERÁ QUE NON NOS GUSTE. E SE ASÍ PASA, SEGURO
QUE TEMOS MÁIS SORTE NA VINDEIRA CITA).
7. É IMPORTANTE QUE CONSERVEMOS O ENVOLTORIO DURANTE O
PRÉSTAMO E QUE DEVOLVAMOS O LIBRO
ENVOLTO. ASÍ SEGUIMOS MANTENDO O MISTERIO E CONTRIBUIMOS A NON ESTRAGAR OS
NOSOS RECURSOS.
8. LUGAR DE ENCONTRO: A BIBLIOTECA.
9. DÍA E HORA: RECREOS E TARDES (AGÁS MARTES) A
PARTIR DE HOXE.
ACUDIDE Á
CITA!!!
(NON ME IREDES DEIXAR PLANTADA…)
BICOS
CEGATOS
ESTRELA