luns, 11 de novembro de 2024

Igualdade e Sexualidade

Hoxe os nenos e nenas de sexto de Educaciòn Primaria disfrutaron dunhas charlas sobre igualdade e sexualidade das mans de CromosomosX.







xoves, 7 de novembro de 2024

Magosto 2024

 Hoxe festexamos o magosto con degustaciòn de castañas e moita diversiòn con xogos tradicionais.




mércores, 6 de novembro de 2024

Xornada de Convivencia deportiva

 Os nenos/as de 5º de E.P. asistiron a unhas xornadas de convivencia organizadas pola Asociación Deportiva Val do Salnés onde disfrutaron de Xogos Tradicionais.




mércores, 30 de outubro de 2024

Na noite mas terrorífica do ano.... no cole de Vilariño

 

No día de hoxe disfrutamos de moitos obradoiros intraciclos. 

Sobran as palabras cando o podedes disfrutar vendo estes vídeos.

Foi un día de moita diversión.





FELIZ SAMAÍN!!








venres, 25 de outubro de 2024

Paco Nogueiras no Mes das Bibliotecas de Cambados





Co gallo do mes das Bibliotecas, este 24 de Outubro, os nenos/as de 1º e 2º de Educación Primaria tiveron a gran sorte de disfrutar de Paco Nogueiras.







Que síiii, que xa temos moi preto o SAMAÍN!!! 
A que esperades para ir preparando as vosas cabazas?

Estrela xa ten á vosa disposición unha morea de
 "Contos de medo"


O mércores pasaremos un día Terrorífico!!!
Preparade os vosos disfraces e ... a dar moito medo!!!






xoves, 10 de outubro de 2024

Maxias Rebuldeiras

 Se onte adentrámonos no mundo dos contos e da igualdade.... hoxe tivemos a sorte de disfrutar dun espectáculo cheo de maxia coa maga Fani.





mércores, 9 de outubro de 2024

Día da nena con Cris de Caldas: "Contos en lila ou... contos para rir, emocionarse e reflexionar"

 Co galo do " Día da Nena" dende o Concello achegan aos coles sesións de contacontos baseadas na temática de igualdade:

CONTOS EN LILA OU... CONTOS PARA RIR, EMOCIONARSE E REFLEXIONAR.

Para conmemoralo recibimos a visita de Cris de Caldas que a través de caixas máxicas de contos fíxonos afondar no respeto, na convivencia e nas relacións baseadas no bo trato; mellorar a expresion oral e psicomotriz ao mesmo tempo que identificamos e rachamos cos estereotipos de xénero.




Graciñas Cris, ao Concello Igualdade por esta inicativa.




venres, 28 de xuño de 2024

Talleres interciclos

 Rematamos o curso 23-24 cun resumo do traballado polo alumnado nos talleres interciclos, dinámica enmarcada en Polos Creativos.


Se pinchades na foto o veredes...




Dende a Biblioteca de Estrela, desexámosvos un feliz verán e un merecido descanso. E agradecemos todo o traballo e colaboración prestados. Ata setembro!

domingo, 23 de xuño de 2024

A 1ª edición da Revista do Ceipp Enrique Barreiro Piñeiro

 Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a súa coordinadora Carmen elaborou a edición deste primeiro xornal da escola, cos traballos, visitas, exposicións, celebracións, etc. de todo o curso 23-24.

 Queda o enlace para que o leades e o desfrutedes! Moi bo traballo!!


E dende a clase de 4º, un suplemento da Revista: 



Proxecto anual da biblio

 Ao longo do curso foise traballando nas aulas o Proxecto 'O Mundo nunha viaxe'. Nenos e nenas investigaron sobre Xapón, Francia, Os continentes... viaxaron a través da arte a Barcelona, Francia, Holanda, 'foron' a Madrid, Nepal ou Alemaña e lemos contos de Grecia, África ou Londres.

A última semana de cole expuxéronse os traballos nos corredores para que o resto dos compañeir@s ou familias os puideran desfrutar.
























Madrid en 6º:



1º, en vídeo:















Contacontos

 Dúas mestras do cole da Pastora viñeron a contarnos o conto 'Maruxa' cun pouco de dramatización.

Para o alumnado de Infantil na biblio de Estrela.




Obradoiro de radio

 O alumnado de 3º e 4º tivo a sorte de realizar un obradoiro de radio da man de Soledad Felloza.







Break dance e beat box

 Todo o alumnado puido desfrutar dunha sesión de Break dance e beat box da man de 'Vella escola', que lles amosou en que consistía esta forma de bailar, as batallas e a forma de facer sons e música coa boca e logo lles deixou facer... un éxito.







Letras Galegas

 O alumnado de 2º de Primaria, coa axuda da profe Marián, quixo facer a súa especial homenaxe a Luísa Villalta. Os actos realizáronse no Salón Peña de Cambados, ao que se trasladaron de excursión o 16 de maio para facer bailes, cancións e recitado de poemas.

O alumnado de 1º contribuiu pintando o panel conmemorativo.





Actuación:



xoves, 13 de xuño de 2024

Os Maios

 Elaboramos o Maio de Vilariño coa axuda de tódalas familias que fixeron acopio de fiúncho, pampullos, flores varias, ovos, laranxas, bugallos...
Os nenos e nenas elaboraron colares (en Infantil e 1º ciclo de pampullos) e a rapazada de sexto coa súa titora, coseron o fiúncho e o foron montando. Un traballo colaborativo cun resultado ben bonito!

Presentáronse todos os maios do Concello no Salón Peña (porque o tempo non acompañou para facelo fóra...) e os pícaros de primeiro cantaron e tocaron unha fermosa copla de Maio. 







 PULSA PARA VER A ACTUACIÓN NO CONCELLO

xoves, 30 de maio de 2024

Picnic e Teatro Caracol

 

O 23 de abril coincidiu celebrar o Día do Libro dunha maneira moi especial, como xa fixemos o curso pasado:

Xornada de convivencia e 'picnic' no patio 

para despois ir camiñando ata o instituto Asorey 

e ver a representación do Teatro Caracol.


Pinchade na foto para ver o vídeo






                                                

Excursión do alumnado de Infantil a Pontevedra

 O 17 de abril, o alumnado de Infantil foron de excursión a Pontevedra: visitaron a exposición do Café Moderno sobre a Arte no Parlamento e fixeron un taller de pintar con 'robots'.



















Logo desfrutamos a obra de teatro 'Pingüin' en Afundación. Preciosa!