Que ben
mal o pasamos os días do samaín, foi divertidísimo estarrecedor!
Todo o tempo
tiñamos ganas de rir chorar, de troulear berrar e de pasalo
bomba sair correndo!
O luns empezou a
mostra de cabazas na entrada do cole. O martes, a de comidas arrepiantes, no
hall da zona nova.
A witch Carmen voaba na súa vasoira dun lado para outro sen parar, dándonos uns sustos de infarto de miocardio.
Mentres tanto, na
biblioteca, Beatriz Cicatriz tíñanos preparados xogos cos contos e os seus
personaxes.
Fixemos unha busca do tesouro...
 |
Cada equipo tiña que buscar libros cuns personaxes determinados.... |
E experimentos xenéticos
 |
Inventamos novos personas mesturando as características doutros que escollemos ao chou.
E para rematar, xogamos coas descricións nas que traballamos toda a semana.
 |
Representantes de cada clase describiron un personaxe. |
|
 |
E o público, ben atento, tentaba dibuxala guiándose polas palabras....
 |
E ao final, comprobábamos na pantalla canto se parecía o noso deseño ao orixinal |
|
A guinda das celebracións puxérona as nenas e nenos cantores de 6º que, movendo os esqueletos ao ritmo
duns sons de ultratumba, prepararon unha apócema do inferno, cheirenta e
noxenta.
Unha delicia para
os padales monstruosos.
Aínda non nos
recuperamos desta e xa imos cara o magosto! Esto é morrer!
 |
Pois iso, que na biblio pasámolo de morte |
Moitas gracias,
familias nosas, pola colaboración. Sen vós non poderíamos!!!!
Bicos
momificados:
ESTRELA