Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto comedor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto comedor. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de decembro de 2017

Proxecto Comedor: e gañamos!

Marabilla soa! 

Onte  algo adiantaba a prensa, xa anda na boca da xente... pero ben sabemos que ningunha nova do cole pode darse por certa e contrastada ata que aparece no noso blog!

O proxecto comedor gañador na súa categoría do IV Concurso de Traballos por Proxectos!!!!


VIVA! VIVA! VIVA!



Pono aí ben clariño: Proxecto Comedor, gañador na categoría de proxectos de aula!!!

Estamos inmensamente felices por este recoñecemento que nos dá azos para seguir traballando e aprendendo.
E os cartiños.... vannos vir de pinga para mellorar a biblio e emprender novos retos!!!


Como viviron a nova @s protagonistas???
Queredes sabelo?



E aquel@s que aínda non entran no blog da biblio (a que raio esperarán???!!!), tamén poden informarse no taboleiro de novas do cole.





Bicos fachendosos:


ESTRELA


PD. Se tendes curiosidade por saber como son por dentro o Proxecto Comedor e o resto de proxectos gañadores, podedes pinchar aquí e seleccionar no enlace que máis vos encha o ollo.
Gozade do bo facer das bibliotecas escolares do ensino público galego!




martes, 5 de decembro de 2017

Proxecto Comedor: mandamos facer un recadiño en Compostela

ACTO I

RIIIIIIIING RIIIIIIING

Si? Diga?

Ola, bos días. É aí a clase de segundo?

Ah, non. Equivocouse vostede de número.

Como? Peroperoperoooo, non son vostedes @s do Proxecto Comedor?

Ah, si! Pero iso foi o ano pasado. Xa estamos en terceiro. Este curso tanto investigamos sobre o universo como sobre os hábitos de lectura no cole.
E encargámonos do composteiro.
Somos xente inqueda, non nos gusta encasillarnos.

- Vaaaaale, vaaaale. Pois mire, chamámoslles da Asesoría de BibliotecasEscolares de Galicia porque seguimos moi de preto o seu Proxecto Comedor e rechiflounos.
Proximamente vai haber un encontro de moooooooit@s mestr@s en Compostela . Queríamos que viñeran a explicarlles o seu traballo. Seguro que lles dán moitas e moi boas ideas.


Cartaz das VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia
Que ben! Pois alí estaremos!!! Cando é?

- O vindeiro día 2 de decembro pola mañá.

Pois conte con nós. Explicamos de marabilla.

- Xa o sabemos, por eso @s chamamos.
  

Acto II

(…)

Que boa noticia! E cando che dixo que tiñamos que ir?

O dous de decembro.

E eso en que día cae? Mira aí no calendario.

Raios! É un sábado!

- Un sáaaabado?

- Lóstregos de Brest! Non pode ser!

Eu non podo!! Teño o campionato do mundo de ximnasia!

- E eu unha reunión en Silicon Valley para amosarlles o meu último prototipo de superordenador!

- Eu non quero madrugar o sábado!


- Eu quero dar conta das novidades que collín na biblio!

- E agora que facemos, xa lles dixen que si!

- Hummm... Que non cunda pánico. Ocórreseme unha idea....
Sei de dúas ás que podemos liar. Seguro que non teñen nada mellor que facer un sábado pola mañá.

- Pero farano ben?

- Máis lles vale.


ACTO III

Temos que falar...



ACTO IV

As profes Bea e Silvia participando como ponentes nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia


- Buuuuufff. Por fin rematou, Silvia. Pasámolo ben, pero que peso quitamos de enriba. Canta responsabilidade!

- Rematou? Ti espera ao interrogatorio que nos agarda o luns na biblio.  

- 😓





mércores, 7 de xuño de 2017

Proxecto comedor: e así foi o grande día.

Hoxe foi un grande día (outro!) no cole de Vilariño (ultimamente dame a sensación de que non paro de dicir esa frase).

A clase de segundo presentou ao mundo mundial a súa fotonovela "Investigación en Gondomar", que conta todos os detalles do seu PROXECTO COMEDOR.

Sendo como son investigador@s de fama universal, poderían ter escollido calquera recuncho do planeta para este evento. Pero el@s, por sorte, elixiron a nosa biblio. (Si, xa sei, moitos escolleriades o Bernabeu ou o Nou Camp, pero alí non se estilan moito este tipo de actos...)

Para min e para as miñas axudantes era unha responsabilidade moi grande, nada podía fallar: el@s pasaron meses investigando e outros tantos redactando o seu proxecto e preparando a súa presentación. A organización tiña que ser perfecta!

Preparamos o espazo, os medios técnicos....


Mesa, pantalla, carteis e expositores? Listo!

Micros, altavoces e ordenador? Preparado!

Cámara?? Ready!!

Por fin chegou o día D e a hora H.
A biblioteca estaba de bote en bote, chea de público ansioso por ver cos seus propios ollos e escoitar coas súas propias orellas a estas fontes de sabiduría.

E que pasou? que como diría o noso amigo Murphy, se algo pode saír mal, probablemente saia mal.
Os micros acopláronse, a gravadora caeu... pero a exposición foi memorable.

As nenas e nenos de segundo non necesitan de toda esa cacharrada para ser brillantes.

Explicaron polo miúdo todas as súas actividades, as súas conclusións e a maneira na que contribuiron a mellorar o comedor, e con eso o cole e con eso....... e con eso.... o universo enteiro!

Aínda estamos procesando as fotos e os vídeos para publicalos con xeito, pero aí vai un adianto:


Atentísim@s ás preguntas

Na biblio non cabía unha palla


E aquí tendes tamén un agasallo:




Bicos, moitos bicos

ESTRELA 

martes, 30 de maio de 2017

Proxecto comedor: e o que estabamos agardando está a piques de acontecer...

E estaba eu ás miñas cousas aquí na biblio, coma sempre, nadando entre libros e nen@s cando dende a zona dos ordenadores chegoume a conversa de dúas que falaban moi baixiño:
(...)
 - Jobá! Nada! Hoxe tampouco! Non colgaron nada no blog do proxecto comedor! Téñenme aburrida!
- E terás que recoñecelo, tamén era que as nenas e nenos de segundo tíñannos moi mal acostumadas. A cada pouco asomaban o nariz por esta bitácura para contarnos as súas andanzas.
-Si, e despois abandonáronnos. Perdémoslle a pista. E que queres que che diga, ata perdemos a ilusión por seguilos.
- Xa, xa sei.
- Como se atreven! Deixarnos sen novas, así sen máis, despois de toda a expectación que levantaron.
Funme achegando a onde estaban. Non era por escoitalas mellor, noooon. Eraaaa por botar unha ollada ao expositor de novidades, que está cheíño de cousas bonitas!
Pero o caso é que alá seguían:
- E non estaremos sendo algo inxustas? Seguro que teñen unha boa razón para non poñer novas entradas. Andarán moi enlead@s. Non poderán dar a todo.


- Claro que si, ho. Unha razón moi boa! A abandonaron o proxecto, o blog e o que é peor: ás súas seguidoras!


-Buenoooo... non @s vexo capaces deso... seguro que é outra cousa...


- Ti moito @s defendes, non sei eu... seguro que sabes algo e non mo queres contar.


- Eu? Que va, que va....  
- Segura?

-Veña, está ben... a cousa é.... a min dixéronme.... 


- Ves? Xa sabía eu que algo había!


- Pero eu prometín non contar nada....


- Muller, en min podes confiar. Sei gardar un segredo. Son unha tumba.


- Pero é que se se entera a miña curmá a de segundo que cho dixen... retírame as falas.
- Parece mentira, nin que o fora a colgar eu no blog!
Aí dinlle a razón: se alguén o vai colgar no blog, esa son eu!
 - O caso é que estiveron todo este trimestre pechados entre a clase, a biblio e o comedor facendo chissss chissss chisss e logo recibiron correos segredos cheos de información nos que lles contaban chisss chisss chisisss. Andaban ás voltas polo baño gravando uns vídeos para ensinar como chissss chissss chisss e cando remataron o seu grande traballo:  a chissss chissss chisss mandárona a imprimir a unha imprenta (claro!) e agora están agardando a que estea lista para facer a grande presentación mundial. 
- Onde?
- Onde vai ser, na biblio.

Lóstregos de Brest! Xusto neste momento tíñan que lembrar a norma de falar baixo na biblio! Non me estou enterando de nada!

- Van colaborar na presentación @s compañeir@s de chiisss chisss chisss que tiveron acceso privilexiado a toda a súa investigación. Pero tiveron xurar que non dirían nada nun ritual sagrado baixo a luz da lúa chea. Tiveron que emporcallarse de lama e dar voltas. Unha cousa máis rara...
-Pois anda que como o seu xuramento sexa como o teu.... 😉

E aí tocou o timbre do fin do recreo, apagaron o ordenador e marcharon para as súas aulas.
Eu quedei pensando... claro! agora explico todo ese movemento polos corredores cando pensaban que ninguén @s vía (esto de ser un peixe é unha ventaxa á hora de moverte sen facer ruído), tanta actividade frenética con todo tipo de cacharrada, tanto disimular asubiando cando alguén ía o baño e @s pillaba na allada.
Agora entendo tanta reunión clandestina na biblio, tanto ensaio...

O que pasa é que non foron tan coidados@s como crían, non eliminaron todo rastro da súas trasnadas...mirade que fotos topei no ipad azul onte cando fun xogar ao candy crush....
Agora xa o entendo todo! Xa sei o que pasa! Sei o que están tramando!!!!!!

Está clarísimo, mirade:
@s de quinto e segundo nunha reunión secreta preparando chsissschissss.


O equipo de gravación con Nina ao rematar de chisss chisss chisss.

O equipo de redacción en plena faena facendo chisss chissss


Outro equipo coa súa chsiisss chisss lista para pasar a limpo.


Como? que non sabedes de que falo??

Claro! Porque eu si que sei gardar un segredo!!! 😋


Non vos queda outra que seguir atent@s, que despois de moito esforzo e traballo, a vosa paciencia terá a súa recompensa.
Axiña anunciaremos a data da presentación do proxecto comedor!!!

Bicos ansiosos.

ESTRELA








martes, 14 de marzo de 2017

Proxecto comedor: non damos feito

As últimas novas que temos d@s nos@s investigadores de segundo é que marcharon ás terras do sur en pos do coñecemento.

Hai tempo que non dan sinais de vida e @s seguidores das súas pescudas empezan a estar inqued@s.
Que sera del@s? Voltarían? Estarán ben?
Caerían dentro dunha pota xigante e agora forman parte dun menú saudable?

Pois queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade. Están perfectamente, en forma e facendo o que mellor saben: proseguindo coa súa investigación.

En Gondomar recolleron moitos datos interesantes que agora están procesando. En breve compartirán as súas novas conclusións co mundo.

Só podemos adiantar que no cátering tratáronos fenomenal e que teñen milleiros de razóns para estar agradecid@s a Sonia e ao seu equipo.


Non perdades ollo! Pronto contarán máis.


O equipo de investigación perfectamente camuflado para non chamar a atención nin no comedor, nin no cátering, nin nas salas de redacción dos mellores xornais do mundo.  El@s si que saben!



xoves, 23 de febreiro de 2017

Proxecto comedor: o informe

Ola xardiñas.
Queredes saber que puña o informe que @s nos@s investigador@s de segundo entregaron no cátering?
Pois os vosos desexos son órdenes, aí vai:



mércores, 22 de febreiro de 2017

Proxecto comedor: por fin chegou o grande día!

Mirade se non serán seri@s e profesionais est@s investigadores de segundo, que no medio do rebumbio do entroido marchan de viaxe de estudos.
A onde?
Onde vai ser? Ao cáterin Arelas!!!
Embarcarán no microbús e chuparán unha chea de quilómetros só para visitar o lugar de onde proceden as racións do comedor e ver o que alí se coce (nunca mellor dito 😛😛)


Mirade que porrada de camiño fan polo amor á sabiduría


Pero a súa misión non é só uliscar por ali, senón tamén presentar o informe do da súa investigación sobre o comedor.


@s do cáterin van quedar impresionad@s c@s nos@s investigador@s.

Non perdades ollo ao blog!!
Seguiremos informando deste fantabuloso proxecto!!

martes, 31 de xaneiro de 2017

Onde está Sergio?

Se queredes desvelar o misterio, lede o boletín expréssssss da biblio.



Proxecto comedor: comunicámonos co cáterin

O grupo de segundo pásanos esta nota para que sigades en vivo e en directo a súa investigación sobre o comedor.

COMUNICÁMONOS CO CÁTERIN
Queremos dicirvos que nos estamos comunicado co Cáterin Arelas.
Mandámoslles un correo electrónico co ordenador. Preguntámoslles se podiamos ir a visitalos. Contestáronnos que si e preguntáronnos cantos eramos na clase.
Agora estamos preparándonos para ir a mediados de febreiro.


Correo de ida

Correo de volta. Que riquiña, esta Sonia!


@s de segundo.

Proxecto comedor: Rolda de prensa d@s usuari@s do comedor no boletin de novas da biblio

Mentres estamos pechad@s día e noite montando o vídeo da rolda de prensa que deron @s usuari@s do comedor, deixámosvos un adianto publicado no noso boletín.

venres, 13 de xaneiro de 2017

Proxecto Comedor: Entrevista a Sergio. O vídeo

Que cousas máis divertidas atopa unha investigando. Sabedes que o cole non é o único que ten 35 anos? 
A ver se adiviñades quen máis....



E diredes vós, e que terá que ver esto co comedor, que é o tema do que vai a entrada, que xa o di o título ben clariño?!

Pois veredes, listiñ@s: Silvia é a profe do grupo que investiga sobre o comedor e Alberto o profe usuario máis asíduo. 

35 anos. Guau! Todo o universo está conectado. ;)

Total, que xa temos o vídeo da entrevista de Sergio (estou pensando que como el tamén teña 35 xa sería a bomba).

Gozádeo



Trinta e cinco bicos

ESTRELA

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Proxecto comedor: entrevista a Sergio no boletín de novas da biblio de Estrela

Como o proxecto do comedor está sendo seguido polos medios de comunicación dos 35 países de América (pois si, que casualidade non? O continente americano está composto de punta a rabo por 35 países), pois decidimos que a biblio de Estrela non podía ser menos e tiña que contar co seu propio boletín de novas. 
Rapidamente montamos unha redacción, nomeamos a Sara reporteira enviada especial para todo o planeta e os seus arredores e sacamos o primeiro número.

Queredes velo?
Pois aquí o tendes


Bicos xornalísticos
ESTRELA

sábado, 12 de novembro de 2016

Entrevista a Sergio

Continuando a sùa investigación sobre o comedor do colexio, o alumnado de segundo entrevistou a Sergio, o seu encargado.
Despois de moita elaboración, ensaios e nervios, a gravación da entrevista realizouse o xoves no propio comedor.
As nosas fontes infórmannos de que o entrevistado foi moi amable e simpático e @s investigador@s moi riguros@s e profesionais.
Adiantamos unhas instantáneas da entrevista, pero para vela integramente teremos que agardar a súa estrea mundial.
Velaí van:






luns, 3 de outubro de 2016

ESTREAMOS COMEDOR NO COLE DE VILARIÑO

Hai un novo comedor no cole de Vilariño. Está nunha aula que reformaron: puxeron teitos novos, luces, electrodomésticos…

No comedor hai normas: non xogar coa comida, non facer ruído e comer sentados.

A comida está moi rica. O menú de cada día ten dous pratos e un sobremesa e se che gusta podes repetir.

O cátering fai a comida en Gondomar e transpórtana metida en caixas de plástico.

O monitor Sergio sirve a comida en pratos de louza.

Hai que asearse antes e despois de comer: primeiro lavarse as mans e logo os dentes.

Cando rematamos de comer xogamos, facemos as tarefas do cole, lemos e se temos algunha actividade baixamos a facela.

 O comedor recollido

As normas do comedor

Caixas onde transportan a comida

O menú do mes

Mmmmm. Que bo está todo


(Crónica do alumnado de 2º de primaria)