domingo, 17 de xuño de 2018

Quen será, será?

Ola, lorchiñ@s.

O vindeiro mércores imos recibir na biblio unha visita sorpresa.

E diredes vós: menuda sorpresa, Estrela, estalo dicindo!!!

Ah, pero a min gustame moito o suspense, xa sabedes. Polo tanto, non vou arriar todos os datos así ao tolo.

Ides ser vós quen teredes que ir investigando para atopalos.

Buscade as solucións e contestade no blog, nos comentarios desta entrada.

A de papel que imos aforrar e o animado que vai estar isto!

A ver, a ver.... Quen é esa persoa que vén á biblio?

Aí van un par de pistas:

Estaban gravando unhas booktuberiñas de primeiro e enterámonos de que a autora do libro do que ían falar estaba de aniversario xusto ese día!! Que casualidade!!!

E pensaron: imos mandarlle unha felicitación



Esta muller tan simpática e amable veu o vídeo e enseguida púxose en contacto comigo para dicirme que viña correndo a ver a famosa biblio de Estrela e agradecer en persoa un detalle tan fermoso.

Ao mellor non a vistes nunca, por eso poño aquí esta foto con tres das súas obras.


Que? Xa averiguastes o seu nome?

Seguinte pregunta: escribíu seis adaptacións de contos. A ver se sabedes cales son

Que siiii, que siiiii, que poño unha piiiiista


Ah, que non se ve o título? 

Claro! Fixen algo de trampa, non volo ía poñer tan doado....

Buscade, buscade... e agora dicídeme.... cantos destes libros temos na biblio?

Como podedes sabelo? Pois consultando o catálogo.


 pincha aquí para entrar no catálogo na web


A por outra pregunta!

A nosa visitante tamén é unha grande admiradora de María Victoria Moreno. Con ela ten moitas cousas en común.

Vou poñer unha chea de datos e vós deberedes dicirme se corresponden á escritora misteriosa, a MVM ou a ambas.

Preparad@s? Imos!


Escribe en galego

As súas obras foron traducidas a moitos idiomas


É tradutora

Montou unha libraría


Traballou de editora de libros

É mestra

Estudou xornalismo


Organiza o salón do libro de Pontevedra

Ten unha camisa caqui

Ten gafas

Prefire a literatura para nen@s

Non é de Pontevedra, pero elixíu esa cidade para vivir


Naceu en Sanxenxo


Está viva

Viaxou por medio mundo

Que queredes unha pista?
Veeeeña, aí vai 

Quen é quen?

Polo seu traballo, misteriosa, viaxou por moooooooitos países, máis ou menos tantos como Willi Fog.

Poderíades averiguar en cantos puxo o pé?



E para rematar.... que día mandamos o vídeo de felicitación? 😉

Veña, bulide, tendes de prazo para investigar ata o martes ás 14 horas.

O tempo comezaaaaaaaa xa!

Bicos detectivescos

ESTRELA


mércores, 6 de xuño de 2018

luns, 4 de xuño de 2018

Visita ao refuxio de Cambados dos grupos de 5º e 6º. A crónica de Andrea

A intrépida xornalista de sexto, Andrea Cores, fíxonos chegar a súa crónica da visita ao refuxio.

Sabemos o moito que lle impactou, posto que tamén é unha das autoras do vídeo que compartimos hai uns días e convertíuse nunha habitual dos paseos dos sábados.

Brava, Andrea! Polo teu bo facer e por ser tan boa xente!



Bicos admirados


ESTRELA

Ainda non colaboraches na recollida de material para o Refuxio? A que agardas!

Non paramos de animarvos a que colaboredes coa 

recollida de material para o refuxio.

Axudádenos nesta causa tan importante para o noso alumnado.

Como vedes, continúan visitando aos seus amigos peludos, sacándoos de paseo e ata elaborando anuncios!!

Mirade, mirade!

Noraboa Noa, Andrea e Ainhoa! Bo traballo!


Facédelles caso!

Aínda estades a tempo (ata o día 11)

Bicos solidarios

ESTRELA