Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de maio de 2022

Obradoiro de radio con Xosé María Bará

O mércores 27 de abril visitounos Xosé María Bará un especialista da radio.

Veu a axudarnos a 5ºA e 5ºB a mellorar o noso xeito de facer programas.



Chema converteu o ximnasio nun estudo de radio. Montou un posto de control técnico e unha mesa con tres micrófonos e tres auriculares para locutar.

Aínda que na biblioteca xa temos un estudo de radio, a actividade tiña que ser realizada nun sitio máis espazoso por precaución ante o COVID-19.




Deunos uns consellos para locutar mellor: a distancia ao micro, o volume da voz, os movementos da cabeza, os xestos para comunicarnos entre o equipo mentres gravamos, estar tranquilas/os, non ter vergoña, non preocuparnos e seguir adiante se nos equivocábamos...



Tamén ensinounos trucos para mellorar o control de son: como empregar dous reprodutores á vez, subir e baixar o volume ao xusto para non ditorsionar, sincronizar o volume da/o locutor/a e a sintonía...




Recomendounos empregar os auriculares sempre para poder escoitar aos demais e poder escoitarnos a nós mesmas/os.

A continuación, formamos grupos de catro ou cinco persoas, tres para locutar e unha ou dous para a mesa técnica, e fomos pasando polo estudo e gravamos un informativo ficticio.





Despois de gravar cada programa, escoitámolo para comprobar como soaba.

Cando todos e todas acabamos de gravar compartimos como nos sentimos locutando e controlando o son.

Vergoña, nervios, estrañeza ao escoitar a nosa voz, alegría, felicidade, diversión... foron algúns dos nosos sentimentos.

E así rematou este obradoiro tan especial para as nenas, nenos e profes de 5º.


xoves, 17 de marzo de 2022

Visitounos Ramón Veiga

 Este 17 de Marzo estivo na nosa biblioteca "Ramón Veiga".

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, traballa desde o ano 1996 no eido da edición. 

Ten publicados para o público infantil Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017), É tempo de Entroido! (2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (2019), Meigas fóra! (2020), Non pare a festa (2021), Miñoca e Coello (2021) e Miñoca e Pega (2022), todos eles no catálogo de Xerais. 

No ano 2020 publicou o conto en liña #EuQuedoNaCasa, que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nen@s durante os días de confinamento provocados pola COVID-19. Con Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia 2021.

No ratiño que compartiu cos cativos /as faloulles dos seus libros, tales como 

Violeta quere ser Vampiro  


 Miñoca e Coello


(referentes bibliograficos que podedes atopar na nosa biblioteca)

Contoulles en que se inspiraba para escribilos e descubrimos que o nome de Violeta pertence ao da súa filla, a cal o inspira para escribilos.


Foi unha sesión moi interesante onde os cativos/as participaron activamente.

Mirade mirade o moito que disfrutaron!!!


Ademáis, os cativos/as de segundo fixeronlle unha entrevista na Radio Estrela que pronto poderemos escoitar. Non deixedes de estar atentos ao noso canle de Radio porque de seguro que a disfrutaredes e aprenderemos moitisimo.




mércores, 26 de maio de 2021

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: Paula Carballeira

 Hoxe os raparigos de 4º de Educación Primaria disfrutaron dunha sesión de contacontos

 con Paula Carballeira; escritora, contacontos e actriz galega.

Disfrutaron moitísimo!!!





martes, 5 de febreiro de 2019

A biblio de Estrela, plató de cine.

Como o ledes, minchiñas.

Á morea de cousas que temos feito, visto e oído na nosa biblio agora xa podemos sumarlle a gravación de curtas de cine.

Onte, ás mestras de Vilariño tocoulles ser anfitrionas no curso "Creación dunha radio e televisión escolar II" promovido polo Concello de Cambados e no que tamén participan compañeiras/os dos coles de Castrelo e Tremoedo, do IES Asorey e do Epapu Nelson Mandela do Centro Penitenciario A Lama.

O profe da actividade, Xoán Leira, apareceu cunha morea de trangallada interesantísima: cámaras, focos, trípodes... e nun plis plás esto xa parecía un estudo de cine dos de verdade.

Distintos momentos da rodaxe da primeira curta. O mestre Leira compartindo o seu saber.

Pero non todo foi cámara e acción.

Antes os equipos tiveron que pensar a trama, as personaxes, as secuencias, os planos... mimadriña, esto do cine dá un choio tremendo!

Na xornada deseñáronse de catro curtas e a graváronse dúas. 
O resto das filmacións terán que agardar ao próximo encontro, aló por terras de Castrelo.


Catro fotogramas da segunda curta

Os equipos que xa gravaron están en fase de montaxe... que sairá de aí?



Seguide atentas/os.....

Bicos cinematográficos.

ESTRELA








Boletín exprés da biblio: visita de Severo e Salomé

Novo boletín exprés da biblio!!

Queres lelo? Pincha na imaxe.


venres, 19 de xaneiro de 2018

Que vén Ledicia!!!

Que si, que si. Que  é verdade!!!

A nosa admirada escritora vén á  biblio de Estrela invitada pola clase de 6º!!!

Para preparar ben a visita e saber máis sobre Ledicia e a súa obra imos facer un xogo.

Nun alarde de orixinalidade imos chamarlle.... TACHÁAAAAAAN


O XOGO DE LEDICIA COSTAS !!!!!

(Seguro que non o esperabades)



Aquí van as bases do xogo para o alumnado participante (4º, 5º e 6º).

Pero o público dende as súas casas tamén pode xogar. Eso sí, non podedes publicar respostas antes do tempo estipulado.

Todas preparadas?

Bicos ledos nas costas 😋😋😋


ESTRELA