Cambados quere aos animais
Onte pola mañá os
nenos e nenas de 5º e 6º dos colexios de San Tomé, Magariños e Vilariño foron
ao Concello de Cambados para celebrar o día mundial dos animais, e para
concienciar á xente de que non maltraten aos animais.
Tamén os nenos e nenas acariciaron e xogaron con algúns dos cans e cun dos
gatos do Refuxio, como por exemplo Nor, que vai en silla de rodas, ou Drako,
Nusca, Ani, Clara e Vali.
Despois, Olga, a xefa do Refuxio de Animais de Cambados, doulles unha charla
sobre o maltrato animal, e ensinoulles un vídeo chamado “Bestias”, que fala dos
homes e mulleres que maltratan aos animais.
Tamén os nenos dos distintos colexios dixeron unhas palabras para concienciar á
xente.
Ao final deron uns lazos de cor laranxa porque esa cor representa o maltrato
animal.
Aquí vos deixamos o manifesto que leron Mateo e Andrea de 5º:
"DESEXOS!"
Ola a todas e todos!
Estamos aquí representando aos nosos compañeiros do colexio de Vilariño. Todas
as nenas e todos os nenos que estamos aquí, e os que non puideron vir, queremos
celebrar o Día Mundial dos animais, manifestando o noso rexeite ao
maltrato animal.
Queremos dende Vilariño mostrar este rexeite a través
da palabra NON:
-Non aos circos con animais.
- NON ao abandono e maltrato de animais.
-NON ás corridas de touros.
- NON ás cazas e ás matanzas en safaris.
- NON ás festas tradicionais nas que se maltratan animais.
- NON aos enterramentos de animais vivos.
- NON aos experimentos con animais.
- NON ao comercio con animais.
Pero non nos queremos quedar coa palabra NON, senón
que queremos dar propostas a favor dos animais e do seu coidado a través da
palabra DESEXO :
- DESEXAMOS donacións e axudas aos refuxios.
- DESEXAMOS respecto para todos os animais.
- DESEXAMOS o coidado dos seus hábitats naturais.
- DESEXAMOS a adopción de animais.
- DESEXAMOS a liberdade dos animais salvaxes.
- DESEXAMOS o bo coidado dos animais: limpeza, alimentación,
saúde, seguridade, educación,...
Non nos olvidemos que todos somos seres vivos! Os
animais, ao igual que nós, tamén necesitan afecto, cariño, amizade, compañía,
diversión, alegría, amor...
E sobre todo, necesitan ter DESEXOS!
Asinado:
Os nenos e nenas de 5º curso do CEIP Enrique Barreiro
Piñeiro, Vilariño.
clica na imaxe para ver o vídeo