- Pois si, claro que si. Pasámolo bomba e aprendemos unha morea de cousas.
- Unha morea de cousas falando pola radio? Non sei eu...
- Pero ti que pensas, que facer un programa é poñerse diante do micro e dicir calquera cousa, así, ás tolas?
- Pois non sei, nunca fixen un, pero dáme que isto da radio é un pouco trapallada.
- Ai, si! Para falar, primeiro tés que saber o que vas a dicir: investigar sobre o tema do programa, redactar un guión, facer unha escaleta.
-Ah, bueno, visto así...
- E despois tés que falar con claridade, a unha velocidade axeitada, entonando... non che é unha broma!
-Ah, tampouco pensara niso...
- Pois para que termines de convencerte, mira este vídeo sobre a gravación dos cinco capítulos de "Pequenos xestos, grandes logros", o programa sobre consellos para coidar o medio ambiente que fixo a rapazada de cuarto, no seu proxecto de ciencias.
Aí che vai!
Xa me contarás se o tema da radio da biblio de Vilariño é unha andrómena ou unha idea macanuda!
E se queres escoitalos.... entra en Radio Estrela!
Bicos logrados
ESTRELA
Chicos,sodes xeniais! Tedes futuro nisto da radio! ;-)
ResponderEliminarA que si, Sonia? A esta pandilla non hai reto que se lle resista!
EliminarGracias polos ánimos Sonia!
ResponderEliminarSonia ten razón, querido usurpador de identidade, sodes xeniais.
EliminarSobre o tema da imaxe... eu suxeriríache que cambiaras a túa imaxe de perfil de google.
Estaría ben emitir un programa de preguntas e respostas na radio para saber o nivel de sabiduría que adquiriron os alumnos este ano 2019 sobre temas que abarquen as ciencias sociais e naturales.
ResponderEliminarQue boa idea, Javi! Apuntámola!
EliminarQuedaríades abraiad@s de todo o que aprenderon este ano: a traballar en equipo, a buscar información, a marabillarse da sabiduría que habita nas persoas que nos visitaron, a basear a súa relación coa contorna natural e humana no cariño e no respecto, a valorar a opinión dos demais, a amar a súa tradición cultural e a súa lingua, a enfrentarse con ilusión aos retos, a ter claro que o coñecemento é importante, pero moito máis é ser boas persoas... por iso estamos tan orgullos@s das nosas nenas e nenos. Son impresionantes!