sábado, 20 de abril de 2019

Como (raio) é isto de facer un programa de radio.

- Ou sexa que agora andades a voltas coa andrómena esa da radio...

- Pois si, claro que si. Pasámolo bomba e aprendemos unha morea de cousas.

- Unha morea de cousas falando pola radio? Non sei eu...

- Pero ti que pensas, que facer un programa é poñerse diante do micro e dicir calquera cousa, así, ás tolas?

- Pois non sei, nunca fixen un, pero dáme que isto da radio é un pouco trapallada.

- Ai, si! Para falar, primeiro tés que saber o que vas a dicir: investigar sobre o tema do programa, redactar un guión, facer unha escaleta.

-Ah, bueno, visto así...

- E despois tés que falar con claridade, a unha velocidade axeitada, entonando... non che é unha broma!

-Ah, tampouco pensara niso...

- Pois para que termines de convencerte, mira este vídeo sobre a gravación dos cinco capítulos de "Pequenos xestos, grandes logros", o programa sobre consellos para coidar o medio ambiente que fixo a rapazada de cuarto, no seu proxecto de ciencias.

Aí che vai!


Xa me contarás se o tema da radio da biblio de Vilariño é unha andrómena ou unha idea macanuda!

E se queres escoitalos.... entra en Radio Estrela!


 



Bicos logrados


ESTRELA

6 comentarios:

  1. Chicos,sodes xeniais! Tedes futuro nisto da radio! ;-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A que si, Sonia? A esta pandilla non hai reto que se lle resista!

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Sonia ten razón, querido usurpador de identidade, sodes xeniais.
      Sobre o tema da imaxe... eu suxeriríache que cambiaras a túa imaxe de perfil de google.

      Eliminar
  3. Estaría ben emitir un programa de preguntas e respostas na radio para saber o nivel de sabiduría que adquiriron os alumnos este ano 2019 sobre temas que abarquen as ciencias sociais e naturales.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que boa idea, Javi! Apuntámola!
      Quedaríades abraiad@s de todo o que aprenderon este ano: a traballar en equipo, a buscar información, a marabillarse da sabiduría que habita nas persoas que nos visitaron, a basear a súa relación coa contorna natural e humana no cariño e no respecto, a valorar a opinión dos demais, a amar a súa tradición cultural e a súa lingua, a enfrentarse con ilusión aos retos, a ter claro que o coñecemento é importante, pero moito máis é ser boas persoas... por iso estamos tan orgullos@s das nosas nenas e nenos. Son impresionantes!

      Eliminar