martes, 20 de xuño de 2017

Unha viaxe no tempo

O pasado xoves 15 o grupo de 5º saíu de viaxe.
E diredes vós: menuda nova para saír no blog!. Case tódolos días hai un grupo que marcha de excursión!
Aaaamig@s, unha cousa é saír do cole e coller un bus, un coche, un avión, unha bici... mesmo saír a pé. Pero estes nenos e nenas non fan nunca as cousas así de calquera maneira (non vos lembrades a que liaron para darnos de merendar?)

Total, que decidiron facer unha viaxe no tempo. Metéronse no faiado e con toda a cacharrada que atoparon (a que non deron vendido na súa feira 35) montaron un trebello que ríete ti do Delorean de Regreso ao futuro

Cuns parafusos por aquí, uns flexos de proxector vello por alá, unhas chapas de ordenadores fundidos e unhas cantas mans de témpera..... tachán!

O autobús do tempo agardando pol@s viaxeir@s no patio cuberto.

Saíron pola mañá cedo. Ao final accederon en levar ao profe Fernando,  que levaba toda a semana dando a matraca para que o deixaran viaxar con eles.
- Vaaaaale. Podes vir. Pero compórtate, eh? Non nos deixes quedar mal.
(a verdade é que o deixaron ir porque era o único que tiña carné de conducir)

- Estupendo, chic@s! xa estamos todos a bordo. Onde imos?
- Ah, pois.... vaia. Non pensaramos niso!!.... Pois tira....tira para o principio de todo. Pon rumbo á preshistoria!!!.
- En marcha!

E alá partiron.

Mirade que vídeo máis xeitoso fixeron:

Bicos viaxeiros:
ESTRELA



1 comentario:

  1. bravo bravo bravo os nen@s, pais e todo vilariño ten que estar moi orgulloso de ter este equipo de profesores tan impricado un exemplo a seguir..... un saudo e feliz vrannnnnn........

    ResponderEliminar