mércores, 30 de maio de 2012

vento en popa a toda vela!

Como xa rematamos de arrombar a sección de lector@s noviñ@s e estamos enganchad@s ao traballo, puxémonos mans á obra cos libros de información.
Estamos a reorganizalos para poñer xuntos os de cada tema e identificalos cun debuxiño para que nos sexa moito máis sinxelo atopalos e voltalos a poñer logo no seu sitio.
A clase enteiriña de 4º e axudantes doutros cursos nun plisplás remataron a faena.
Agora empezaremos a poñerlles as novas etiquetas.
Vinde a velas á biblio! (e a coller algún libro....)

Mimadriña canto libro!

E eu por onde empezo?

Que ben nos está quedando, Adri!

Todo ben arrombadiño

Cada libro no seu sitio

As Andreas comprobando que todo está en orde

Que non queda sitio nas estanterías?, pois ordenámolos nas mesas, no problem!


Primeiros libros co seu pictograma, que chulos!



Se queres ver máis fotos, picha aquí.


14 comentarios:

  1. Que guai ver a biblio ordenada!

    ResponderEliminar
  2. Se vedes a biblioteca, alucinades

    ResponderEliminar
  3. Ola!
    Saúdavos toda a clase de 3º.
    A biblioteca está chulísima.
    Gustaríanos chegar a 4º para ser axudantes coma vós.

    ResponderEliminar
  4. gracias a tod@s polo voso ánimo!
    bicos marisqueiros

    ResponderEliminar
  5. Ola, que tal Estrela?
    O teu Blog é moi simpático. Gustóume moito. Doulle as grazas a Profe Bea por todalas cousas que facemos na Biblio.
    Un saudo
    Sergio García

    ResponderEliminar
  6. Ola Sergio.
    Se a biblio e o blog están quedando chulos, débese tamén ao teu traballo.
    E xuntos aprendemos que na biblioteca, efectivamente, pódense facer moitísimas cousas.
    Bicos maragoteiros

    ResponderEliminar
  7. andrea e maria de 4º5 de xuño de 2012, 12:08

    a biblio esta quedando moi guai que ben traballamos todos xuntos.

    ResponderEliminar
  8. a que si? deixamos a biblio chulísima e pasámolo bomba!
    bicos grandes como baleas azuis

    ResponderEliminar
  9. Alba otero oubiña7 de xuño de 2012, 20:21

    Que guai nos esta quedando a biblio cos peixes mereceu a pena

    UN BICO

    ResponderEliminar
  10. si, parecía que daquelas pelotillas de papel de xornal non ía saír nada bo, pero como vos dixo a profe bea, hai que ter un pouco de paciencia.
    os meus amigos os peixes están a ser un éxito na biblioteca. todo o mundo baixa a velos!
    bicos ricos coma mexillóns

    ResponderEliminar
  11. é que a profe bea sempre ten razón...

    ResponderEliminar
  12. alba otero oubiña8 de xuño de 2012, 18:15

    Si menos en que nos parecemos a clase de Nicolasiño e profe bea.

    Estrela tes que poñer un apartado para poñer os libros que nos gustan.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. que non teño razón?
      os da clase de nicolasiño son uns santiños ao voso lado....

      Eliminar
    2. que boa idea, alba.
      agora solo temos que escollelos...

      Eliminar