sábado, 7 de abril de 2012

Axudantes

Milagrosamente (tal e como están as cousas), chegounos novo mobiliario para a biblioteca.
Aproveitamos tal acontecemento para reorganizala: crear novos espazos, recolocar os fondos.... un traballiño!
Total, que para facer todas estas cousas o máis rápido e mellor posible, lancei un berro de axuda:



E como non podía ser doutro xeito, á reunión asistiron moreas de rapazas e rapaces, tantos que tivemos que facer quendas de traballo cada recreo!


Vouvos ensinar algunhas fotos para que vexades como curran!


Bieito recortando etiquetas (que guapo, eh?)


Cris, Ana e Lorena colocándoas nos libros


Ummm, onde estás Pacoooooo?


Lorena concentrada no traballo


Cris corta que te corta cinta de pegar


Reorganizando a zona de lector@s noviños


Ti coloca os de Demademora, eu os de Tras os montes....


Marchando...!


Moitas grazas, rapazada, por estar aí cada recreo!!!

Na parte superior do blog, atoparedes un enlace para vós, axudantes.
Alí poderedes ver o calendario de quendas, traballos pendentes, e toda a información que vos interesa.
Ademais, colgarei fotos para que vexades que fermos@s estades cando traballades en equipo.

Estrela

4 comentarios:

  1. OS NENOS E AS NENAS DE 4-5-6 ANOS29 de maio de 2012, 12:44

    ESTAMOS A VER AS FOTOS. GÚSTANNOS MOITO. DESCANSADE UN POUCO PORQUE ESTADES A TRABALLAR MOITO NA BIBLIOTECA. MOITAS GRACIAS POR DEIXALA TAN BONITA.
    VOS SI QUE VALEDES!!!

    ResponderEliminar
  2. ola nenas e nenos do profe alberto!
    que ben que visitedes o blog.
    xa vistes que peixiños tan bonitos viñeron vivir á nosa biblio?
    baixade as escaleiras e vinde escoller o voso favorito!!
    en breve poremos fotos
    bicos salgados

    ResponderEliminar
  3. non podemos descansar!
    temos moitas ganas de ver a biblioteca organizada e empezar a facer moitas outras actividades!
    pero non vos preocupedes, @s axudantes son unhas máquinas e pronto poderemos inagurar a nova biblioteca!
    veredes cantas sorpresas!
    bicos de cores, coma as miñas escamas

    ResponderEliminar
  4. sempre ai que descansar

    ResponderEliminar