martes, 5 de febreiro de 2019

A biblio de Estrela, plató de cine.

Como o ledes, minchiñas.

Á morea de cousas que temos feito, visto e oído na nosa biblio agora xa podemos sumarlle a gravación de curtas de cine.

Onte, ás mestras de Vilariño tocoulles ser anfitrionas no curso "Creación dunha radio e televisión escolar II" promovido polo Concello de Cambados e no que tamén participan compañeiras/os dos coles de Castrelo e Tremoedo, do IES Asorey e do Epapu Nelson Mandela do Centro Penitenciario A Lama.

O profe da actividade, Xoán Leira, apareceu cunha morea de trangallada interesantísima: cámaras, focos, trípodes... e nun plis plás esto xa parecía un estudo de cine dos de verdade.

Distintos momentos da rodaxe da primeira curta. O mestre Leira compartindo o seu saber.

Pero non todo foi cámara e acción.

Antes os equipos tiveron que pensar a trama, as personaxes, as secuencias, os planos... mimadriña, esto do cine dá un choio tremendo!

Na xornada deseñáronse de catro curtas e a graváronse dúas. 
O resto das filmacións terán que agardar ao próximo encontro, aló por terras de Castrelo.


Catro fotogramas da segunda curta

Os equipos que xa gravaron están en fase de montaxe... que sairá de aí?



Seguide atentas/os.....

Bicos cinematográficos.

ESTRELA








2 comentarios:

  1. Miguel Lopez Falcon6 de febreiro de 2019, 12:04

    Uhm... unha pelicula que interesante eh... esta ben por si nos aburrimos JEJEJEJEJE

    ResponderEliminar
  2. Asegúroche que non te vas aburrir, Miguel...

    ResponderEliminar