Tal día coma hoxe, un 3 de novembro, pero de 1957, a cadela rusa Laika era lanzada ao espazo a bordo da nave Sputnik 2, morrendo ás poucas horas do despegue.
O obxectivo da súa viaxe era experiementar o grao de supervivencia dos seres vivos nas viaxes espaciais.
Foi o primeiro animal en orbitar a atmósfera terrestre e unha heroína, ao seu pesar.
Tantos anos despois segue o debate:
Está ben empregar animais para experimentos científicos, aínda sabendo que estes poden causarlles sufrimento e incluso a morte?
Acaso estas experimentacións non trouxeron un importantísimo avance (por exemplo na medicina) que melloraron e mesmo salvaron a vida a millóns de persoas?
ESTRELA
Para saber máis:
Non é xusto empregar animais para experimentos que lles causen algún tipo de sufrimento. Non podemos xustificar que ao experimentar con eles imos acadar grandes avances científicos. O fin non xustifica os medios.
ResponderEliminarDebemos ter en conta que todos temos a capacidade de sufrir; polo tanto, non é xusto que para axudar ás persoas torturemos aos animais.
Onde queda o seu sufrimento? A ninguén lle importa?
Eu estou contigo. Os avances na nosa sociedade deben estar cimentados na ética.
EliminarNos tempos terribles do nazismo, por exemplo, os experimentos médicos fixéronse con seres humanos considerados inferiores.
Pensaredes: non compares.
Pero, por que non? Onde está o límite?
Por que nos cremos co dereito a decidir sobre outras vidas?
Comes carne, pensaredes.
Pois direi que acepto o consumo de carne animal, pero non o camiño que a leva ao meu prato: maltrato, explotación e cousificación doutros seres.
Gandhi dixo: "un país, unha civilización poden xulgarse polo xeito no que tratan aos seus animais"
A nosa non parece moi avanzada...
Os animais non son xogetes.Pareceme mal que usen animais para iso.
ResponderEliminar