Como xa sabedes, na área de Educación Física estivemos coa linguaxe de programación ás voltas.
Como sempre dicimos, a parte do corpo que máis temos que usar nesta área é o cerebro e abofé que estas sesións serviron para poñelo ben cachas!!!
Para facer máis doados os procesos de entender, interpretar e transmitir as mensaxes deste novo código robótico que mellor que vivencialo primeiro no noso propio corpo!
Aproveitamos os cadros do maltreito chan do noso ximnasio e o material de Educación Física para deseñar circuitos e logo trazar roteiros cumplindo as consignas dadas.
Ao primeiro custounos un pouco, pero a correr collémoslle o xeito.
Ata programamos ás nosas/os colegas-robot para facer un feixe de accións novas!
Aquí deixo un vídeo resume destes días.
Agardo que vos guste.
Bicos programados
ESTRELA
Gustoume moitísimo usar os robots na biblio,facer xogos con eles.Tamén gustoume moito facer prácticas en educación física.
ResponderEliminarIsto só foi o principio!
Eliminar