O día 10 de abril tivemos unha visita moi especial ao noso centro.
O alumnado de 3º, 4º e 5ºcurso de primaria foron os anfitrións desta actividade.
Unha rapaza moi especial, chamada Abi, visitou o noso centro para contarnos o problema que padece.
Ela sufre de anosmia. E, para os que non o saiban, a anosmia é a perda total do olfacto.
A través dunha excursión “moi olfactiva” polos arredores do centro, os nenos e nenas
aprenderon a entender a vida tal e como o fai Abi, dende os ollos ou “as narices” de Abi.
Foi unha experiencia que, de seguro, non esquecerán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario