martes, 21 de maio de 2024

Semana do Libro

 Celebramos a Semana do Libro con varias actividades de todo o centro: na entrada había un mural cunha frase...

CANDO LEMOS...



En todas as aulas elaboramos a nosa resposta (con palabras, frases, debuxos... qué sentimos cando lemos, cándo lemos, con quén, qué historias nos gustan, etc.) E saíron cousas lindísimas e moi variadas.






A nosa tradicional actividade, que tanto éxito ten entre o alumnado, 'Leme, profe', este ano estivo relacionada cos países do mundo. Cada día se anotaron a un 'país' e os profes contamos unha historia, lenda, conto, biografía... dese país.




Ningún comentario:

Publicar un comentario