sábado, 23 de decembro de 2023

Recomendacións lectoras

 Para que disfrutedes dunhas vacacións xogando e  'viaxando' con lecturas interesantes , vos deixamos estas recomendacións:


Felices Festas e vémonos o ano que vén!

mércores, 20 de decembro de 2023

Semana das ciencias

 Viaxamos polo mundo para coñecer científicos e científicas e os seus inventos e/ou experimentos máis relevantes.

Amosámosvos unha mostra do traballado:

(Se pinchades nalgunhas das fotos accededes ao vídeo)



Pincha  aquí para ver o descubrimento de infantil B.








25N

 Baixo o lema FLORECE... E CRECE LIBRE

conmemoramos o Dia da non violencia de xénero, participando todo o colexio aportando 'pétalos' con mensaxes de reivindicación, respecto, repulsa á violencia, etc.




luns, 18 de decembro de 2023

Magosto

 O pasado venres 17 de novembro o tempo acompañounos para celebrar o Magosto todo o alumnado, profesorado e familias que nos prestaron a súa axuda para asar as castañas e coas que compartimos unha xornada festiva de xogos populares, música e castañas.

Moitas gracias pola colaboración, familias!

Vídeo do Magosto na escola








luns, 20 de novembro de 2023

SAMAÍN

 O pasado 31 de outubro celebramos unha das festas máis terroríficas e a que máis lles gusta á rapazada:

o Samaín!

Trouxemos cabazas decoradas, decoramos a biblio con pantasmas, as aulas e os corredores... e o propio día viñemos disfrazados e preparamos unhas merendas arrepiantemente deliciosas!

Para ver o día en imaxes, pulsade no enlace:


Vídeo do Samaín

luns, 6 de novembro de 2023

 DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de outubro)

Para conmemorar o Día das bibliotecas, ao longo desa semana de outubro levamos a cabo distintos retos en todos os niveis do cole. 

O fío condutor era a viaxe polos contos... e o escenario a biblioteca.

Coma se foramos detectives que tiveramos que resolver un misterio, superando probas, buscando pistas... ata a recompensa final!

Feliz día e felices viaxes a través dos contos!



xoves, 26 de outubro de 2023

TALLERES DOS VENRES

 Este curso iniciamos unha dinámica para aproveitar os materiais dos Polos creativos: os 'talleres dos venres'. Os venres as dúas últimas horas, o alumnado se distribúe en grupos internivel e vai aos diferentes talleres: de cociña, teatro e dramatización, horta, robótica, legos, impresión 3d, bricolaxe, máquinas simples, costura, legos, ioga, chapas, papiroflexia e resina ou plotter.

No vídeo amosámosvos que ben o pasamos e canto aprenden😊




luns, 2 de outubro de 2023

Estrela abre as súas portas

 Benvida á nosa biblioteca un curso máis!!

Os máis cativos están a coñecela da man dos maiores, xogando cos kappla, os legos e demáis xogos bonitos que temos. Moi importante é aprender a recollelos con coidado e gardalos no seu lugar, para que se manteñan bonitos.











Tamén fixemos o empréstito de contos para casa.


Así como, nos recreos, podemos facer uso dela.





Ademáis é un lugar precioso e tranquilo para contar e compartir contos e historias.





Recibimos carta de Estrela



Que emoción! Estrela nos informa do que será o Proxecto deste curso: 'O Mundo nunha viaxe'






 

xoves, 18 de maio de 2023

Ti si que es un bo peixe e fai click ao teu bocata

 Este mes tivemos dous obradoiros moi importantes e sobre todo... moi vencellados a Estrela.

Ti si que es un bo peixe e Fai Click ao teu bocata.

Aprendimos moitísimo dun gran sector moi presente na nosa comunidade como é o da pesca. 
Pero non so quedou ahí o tema. 
Descrubrimos moitísimas cousas importantes relacionadas cunha alimentación saudable.





Despóis de toda a información recibida... toca indagar na nosa biblio coa axuda de Estrela.
 De seguro que estará desexando que vos informedes moi a fondo para poder facer 
unha variedade de receitas saudables no noso Furancho.
Animádevos!! A cociñar!!

martes, 16 de maio de 2023

Letras Galegas 2023


Este ano os cativos de infantil representaron ao noso cole no acto que celebra o concello anualmente para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Aquí tedes o proceso do mural presentado 





e a actuación no recital.



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS




venres, 28 de abril de 2023

Os Maios

 Como cada ano festexamos unha festa de tradición cultural moi arraigada no noso pobo.

Buscamos información na nosa biblioteca, recitamos algúns poemas como "Aí ven o Maio" de Curros Enriquez... e elaboramos o noso propio Maio onde todos participamos.


Coa colaboración de todas as familias imos facendo provisión de fiunchos, pampullos, calas, ovos baleiros, coquiños.... para elaborar o noso propio Maio e .... a traballar!!!

Os máis pequeniños encárganse de facer colares de pampullo, outros  fan composicións de flores, cadeas de ovos baleiros... e os maiores fan a produción final.

Aquí o resultado.


Ademáis, participamos no acto que celebra anualmente o Concello para conmemorar dita tradición e no que estivemos representados polos alumnos/as de 1º de EP

Aquí tedes a nosa representación.






mércores, 19 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Para conmemorar a semana do libro estivemos argallando moitísimas actividades.

Lectura du contiño por parte da mestra Andrea 

do CEIP de San Tomé

Moitísimas Gracias Andrea, disfrutamos moito.

Lectura de contos por parte das Familias








Continuamos co Apamadriñamento lector por parte do alumnado do centro e a nosa actividade por excelencia 

"Leme Profe"



Elaboramos un marcapáxinas en papel de sementes que levamos para casa para que cada un o poida plantar. 

Podedes enviar videos do resultado raparigos!!!!

Aquí podedes ver  como facelo.






Elaboramos un mural entre todo o alumnado


Xa podedes ver que unha semaniña cheiña de contos e moita pero que moita aventura!!!




Saída do alumnado de 5º-6º

 Este mércores o alumnado de 5º e 6º disfrutaron dun día na Coruña para visitar o Museo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e aprender moito na exposición fotográfica MUNCYTx100.

De seguro que despois de indagar na nosa biblioteca sobre os avances tecnolóxicos... estiveron observando máis vivencialmente o aprendido no Museo.









TEATRO CARACOL

 Podedes comprobar que temos unha semana moi completiña.

Hoxe toca Convivencia no centro para despois asistir a obra Teatro caracol 

" Un mundo novo"

Disfrutamos dun picnic tod@s xunt@s no patio do cole e

despois dunha xornada chea de moita diversión disfrutamos da tan ansiada obra de teatro.




GRACIAS TEATRO CARACOL 
E FELIZ ANIVERSARIO por esos 30 ANOS1111



sábado, 15 de abril de 2023

CHARLA PREVENCIÓN DE DOR DE COSTAS

 Durante os días 24 de Marzo de 2023 e o 14 de Abril de 2023, os fisoterapeutas de Atención Primaria Jimenez Guerra e Guillermo Bilbao Ogando, acudiron ao noso cole para realizar unhas charlas informativas sobre  o Programa de Prevención de dor de costas en alumnos/as de Educación Primaria.

Nunha primeira sesión recibiron información sobre factores contribuintes máis salientables para a aparición de dor de costas así como as medidas a tomar para mellorar a saúde de columna vertebral.

Na segunda sesión xa ten máis contido práctico amosando propostas e pautas activas co fin de interrumpir o sedentarismo.







MOITÍSIMAS GRACIAS !!!