xoves, 18 de outubro de 2018

A radio da biblio de Estrela: probando, probando

O novo recuncho da biblio xa non é un misterio.

A boa nova foi pasando de boca a orella por toda a parroquia.

Xa é difícil atopar en Vilariño algúén que non saiba que cos cartiños do premio do Concurso de Proxectos montamos....

UNHA RADIO!!!!!!

(se ti eres das/os que non o sabía, hummmmm, vés a visitar este blog menos do que deberías!!!!!)

Pero, claro, ninguén nace aprendido e as mestras desta escola están a poñerse ao día nos regredos radiofónicos nun tempo record.

A de actividades marabillosas, divertidas, interesantes e emocionantes que están por chegar!!!!

Para isto, contan co mellor mestre, Javier Prado, que  visitou a biblio acompañado de Luis Losada, un dos pioneiros da radio escolar na nosa contorna.

Aquí tendes algunhas imaxes da primeira xornada de apredizaxe.

Como disfrutaron estas docentes!


Estas semanas, a nosa radio estará en fase de probas.
Algúns grupos xa pasaron a ver que se sinte cos auriculares postos e o micrófono diante.

O grupo de cuarto preparando un noticieiro
E traballando no estudo de gravación

O grupo de terceiro preparou un programa de contos de medo.... que vén aí o Samaín!!

Nas vindeiras xornadas seguiremos coa  fase de probas, pero.....

ATENTAS!

Pronto teredes novas da inaguración da radio da biblio de Estrela.

Bicos nas ondas

ESTRELA



2 comentarios:

  1. Gustoume moito usar a radio.

    ResponderEliminar
  2. Nenas e nenos de 4º15 de novembro de 2018, 10:46

    Ola, chipiróns. Que tal estades?
    Gustounos moito empregar a radio.
    Recomendámosvos que a probades polo menos unha vez á semana.
    Saúdos, as nenas e nenos de cuarto.

    ResponderEliminar