Ola, lorchiñ@s.
O vindeiro mércores imos recibir na biblio unha visita sorpresa.
E diredes vós: menuda sorpresa, Estrela, estalo dicindo!!!
Ah, pero a min gustame moito o suspense, xa sabedes. Polo tanto, non vou arriar todos os datos así ao tolo.
Ides ser vós quen teredes que ir investigando para atopalos.
Buscade as solucións e contestade no blog, nos comentarios desta entrada.
A de papel que imos aforrar e o animado que vai estar isto!
A ver, a ver.... Quen é esa persoa que vén á biblio?
Aí van un par de pistas:
Estaban gravando unhas booktuberiñas de primeiro e enterámonos de que a autora do libro do que ían falar estaba de aniversario xusto ese día!! Que casualidade!!!
E pensaron: imos mandarlle unha felicitación
Esta muller tan simpática e amable veu o vídeo e enseguida púxose en contacto comigo para dicirme que viña correndo a ver a famosa biblio de Estrela e agradecer en persoa un detalle tan fermoso.
Ao mellor non a vistes nunca, por eso poño aquí esta foto con tres das súas obras.
Que? Xa averiguastes o seu nome?
Seguinte pregunta: escribíu seis adaptacións de contos. A ver se sabedes cales son.
Que siiii, que siiiii, que poño unha piiiiista
Ah, que non se ve o título?
Claro! Fixen algo de trampa, non volo ía poñer tan doado....
Buscade, buscade... e agora dicídeme.... cantos destes libros temos na biblio?
Como podedes sabelo? Pois consultando o catálogo.
A por outra pregunta!
A nosa visitante tamén é unha grande admiradora de María Victoria Moreno. Con ela ten moitas cousas en común.
Vou poñer unha chea de datos e vós deberedes dicirme se corresponden á escritora misteriosa, a MVM ou a ambas.
Preparad@s? Imos!
Escribe en galego |
As súas obras foron traducidas a moitos idiomas |
É tradutora |
Montou unha libraría |
Traballou de editora de libros |
É mestra |
Estudou xornalismo |
Organiza o salón do libro de Pontevedra |
Ten unha camisa caqui |
Ten gafas |
Prefire a literatura para nen@s |
Non é de Pontevedra, pero elixíu esa cidade para vivir |
Naceu en Sanxenxo |
Está viva |
Viaxou por medio mundo |
Que queredes unha pista?
Veeeeña, aí vai
Quen é quen?
Polo seu traballo, misteriosa, viaxou por moooooooitos países, máis ou menos tantos como Willi Fog.
Poderíades averiguar en cantos puxo o pé?
E para rematar.... que día mandamos o vídeo de felicitación? 😉
Veña, bulide, tendes de prazo para investigar ata o martes ás 14 horas.
O tempo comezaaaaaaaa xa!
Bicos detectivescos
ESTRELA
Ola.
ResponderEliminarSomos as nenas e nenos de primeiro. A escritora que vai vir ao noso cole chámase EVA MEJUTO.
Chao. Imos seguir lendo a túa carta.
Ummmm. Anoto a vosa resposta, non darei a solución ata que contesten os tres equipos.
EliminarBos días Estreliña.
ResponderEliminarOs libros que hai na biblioteca de Eva Mejuto son:
1. Corre, corre, cabaciña.
2. O zapateiro e os tres trasnos.
3. Tres desexos.
4. A casa da mosca chosca.
5. Maruxa.
6. Rato de campo e rato de cidade.
Pero o de Rato de Campo e rato de cidade no da biblioteca de redes de Galicia non está. En realidade sí que está porque nos xa o lemos.
Chao Estreliña.
Vaia! Témolos todos! Menuda biblio a nosa!
ResponderEliminarQue non está no buscador do catálogo?? Vaites!
Grazas, rapazada. Agora mesmo poño as miñas escamas en acción para solucionalo.
Ola Estrela.
ResponderEliminarSomos os de primeiro outra vez.
Miramos en Internet e descubrimos:
- está viva.
- naceu en Sanxenxo.
- ten unha camisa caqui.
- organiza o salón do libro.
- ten gafas.
- traballou de editora.
- estudou xornalismo.
Deunos moito traballo atopar as respostas.
Chao, chao.