O venres
19 de xaneiro de 2018 o científico Luis Sampedro visitou o noso cole coa
intención de dar unha charla sobre a súa estancia na Antártida.
O
científico, contounos os segredos dunha viaxe ao continente branco, un
continente descoñecido pero apaixonante. Describiunos o traballo que foi facer
na base ceintífica española “Gabriel de Castilla” xunto con outros integrantes
da expedición.
Mostrounos fotos e vídeos das espectaculares paisaxes que se poden apreciar no “continente pulsante” e descubriunos os segredos daquelas terras e da súa fauna.
Mostrounos fotos e vídeos das espectaculares paisaxes que se poden apreciar no “continente pulsante” e descubriunos os segredos daquelas terras e da súa fauna.
Non se
limitou so con iso, ata chegou a imitar animais como o pingüín ou a foca,
deixándonos claro a diferenza entre foca e lobo mariño. A súa visita foi moi
divertida, pero sobre todo, moi interesante.
Finalmente,
os rapaces de quinto e sexto fixéronlle unha entrevista para o xornal escolar
que están elaborando.
Queremos
darlle as grazas por pasar unha parte do seu tempo con nos, por contarnos a súa
experiencia e achegar Vilariño a un continente tan alonxado e tan fascinante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario