Como pasa o tempo!
Hai nada estabamos falando do solsticio de inverno e xa está aquí o equinoccio de primavera!
Desta volta, no noso hemisferio celebramos que o inverno rematou, que os días seguen a medrar, que as árbores comezan a abrochar e que xa algún paxariño se escoita.
Lembrádesvos da roda das estacións?
Como en cada cambio de estación, as festas multiplícanse nas diferentes culturas setentrionais.
Se tendes curiosidade....pinchade aquí.
Seguro que a que máis coñecedes é a Pascua.
Como xa vimos, o cristianismo colle celebracións moito máis antigas ca el, case sempre relacionadas coa natureza e transfórmaas ao seu xeito.
Se no solsticio de inverno (nadal) fixaba o nacemento de Xesús, no equinoccio de primavera (pascua) data a súa morte e resurrección.
E en Vilariño, como celebramos tal acontecemento astronómico?
Pois como vai ser, ao grande, como somos nós.
Para empezar, cun final: o do Proxecto 35.
Lula Goce deu as primeiras brochadas do seu mural coa última lúa de inverno e continuará a darlle cor cos primeiros soles de primavera (cando as tamén primaverais nubes e pingas de chuvia llelo permitan).
A cousa vai tendo moi boa pinta.
Para a inaguración da fachada teremos que montar unha foliada como é debido. Va que si?
A noite
E o día
Pouco a pouco vaise desvelando o misterio: que terá a artista na súa cabeciña?
Pero eso non é todo, amig@s
Hoxe, cando a terra estaba chegando xusto ao punto no que o día e a noite duran o mesmo, asomou pola nosa porta Charo Pita.
E que quería?
Pois contarnos contos, que para eso o día 20 de marzo é tamén (TAMÉN) o día da tradición oral.
Viva a nosa tradición oral!
Viña invitada pola Biblioteca Municipal de Cambados que organizou o ciclo Biblioteca Viaxeira.
Achegan actividades interesantísimas aos coles e danse a coñecer a toda a rapazada da contorna.
A nosa amiga María, encargada da Biblio Pública de Cambados,
animándonos a visitala na casa dos Fraga. A que esperas?
Charo abríu a súa maleta, da que sairon pucheiros, ras, mazarocas de millo, fabas, velliñas, velliños, mozos de ximnasio... e cando nos demos conta estabamos berrando; chegou a primavera! VIVA!
- Que conto ía contar eu? ah si, o das velliñas!
- Eran dúas velliñas que vivía xuntas, e durmían xuntas e comían xuntas....
Cantos bechos caben nun conto sen palabras!
- Aqui onde o vedes, neste pucheiro estase facendo un cocido de vento
- E se queres ser unha grande contadora coma min, este é o primeiro truco....
E, para rematar, e como sei que vos encantou a sesión de contos, mañá atoparedes na biblio unha escolma ben chusquiña deles nos expositores, para que os levedes con vós e llos contedes a quen máis vos pete.
As nenas e nenos de segundo escolleron
os seus contos favoritos para compartilos con vós.
Bicos conteiros.
ESTRELA
Ola, somos os nenos e nenas de 3º.
ResponderEliminarGustáronnos moito as fotos que nos ensinastes.
Charo Pita é unha grande contadora e canta fenomenal.
Un saúdo
Pois un biquiño da miña parte. E grazas polas vosas enormes orellas escoitadoras!
Eliminarola Estrela aque lula pinta xenial
ResponderEliminar