luns, 30 de xaneiro de 2017

Formación de usuari@s: Facer un comentario no blog

Este curso estamos facendo un montón de publicacións no blog da biblioteca,que o tiñamos moi abandonado.

Pensamos que é importante que toda a comunidade do cole de Vilariño estea informada sobre as cousas que aquí acontecen.

Pero tamén queremos saber a vosa opinión: se as cousas que ledes vos gustan, se queredes facer algunha suxerencia, algunha crítica, algún eloxio....

Botamos en falta que participedes máis, familias.

Comprobamos que as visitas ao blog cóntanse por centos, pero os comentarios.... onde están os comentarios?

Ás probas nos remitimos: moitas visitas, moi poucos comentarios.....

E pensamos.... será que non explicamos que se pode comentar e como facelo???
Pois nada, eso ten doada solución:
Velaivai o titorial:






1 comentario:

  1. Agora xa sabededes por que hai tantos comentarios repetidos de Gabriel. Non é que toleara. É que fixemos moitas probas ata que saiu perfecto!

    ResponderEliminar