mércores, 6 de febreiro de 2019

Queres un? Colleo!

Ola bacallauciñ@s!

Na biblio tentamos ter un catálogo de obras amplo, actualizado, que se axuste ás nosas necesidades.

Ou sexa que a cada pouco asoman pola porta caixiñas cheas de tesouros. Libros que arrecenden a novo e que na meirande parte das veces xa nin chegan ao expositor de novidades.

Apenas se rexistran xa saen voando nas vosas mans.

Pero a biblio ten un espazo limitado e tamén a cada pouco imos retirando dos andeis libros que deixan o seu espazo ás novas incorporacións.

Son libros fermosos, importantes, sabios... e nunca van deixar de selo.

Entón por que os retiramos?

Pois porque temos moitos exemplares repetidos, porque temos novas edicións, porque xa están un pouco gastados e vivirán mellor no caloriño e  tranquilidade da vosa biblioteca persoal...

Na entrada da biblio atoparedes unha mesa cos libros expostos. Hainos de todas as temáticas e para todas as idades, incluso para adultos.

Invítovos  a que collades dous para vós e dous para agasallar na vosa casa.

As familias tamén podedes vir en horario de tarde.

Parádevos un pouquichiño a elixilos con cariño.

E gozádeos.



Bicos de agasallo

ESTRELA

4 comentarios:

  1. Se poidera coller todos, colleríaos.Encantame ler.

    ResponderEliminar
  2. Sei que che encanta ler, Aitana.
    Pero non te preocupes, na biblio tés ao alcance da túa man máis de 6 mil libros en préstamo.
    Daralos lido todos?
    ;)

    ResponderEliminar
  3. Eu aprobeitei os ultimos libros con Aitana de cuarto e creo que foron os meyores .

    ResponderEliminar
  4. Boa colleita fixestes entre as dúas!
    Gozádeos en familia.

    ResponderEliminar