xoves, 23 de abril de 2026

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Dende a biblio de Estrela estamos realizando distintas actividades para festexar este día.

Porque como todos sabedes hoxe é...


 Dende o equipo de biblioteca queremos agredecer a todas as familias que, xunto cos vosos fillos e fillas, fixestes posible levar a cabo a actividade dos DIORAMAS. 

Por iso estades todas as familias invitadas a visitar a nosa biblio e ver a exposición. 

Podedes acudir de luns a xoves  en horario de 16:00 a 18:00h. GRAZAS A TODOS!!!

INFANTIL
 
  
1º CICLO 

                                                                        2º CICLO

                                             

                                                                 

                                                                          3º CICLO                                                                      



             Hoxe, para festexar este día, os nenos e nenas de 5º baixaron á biblio e debuxaron a portada dun libro que eles escolleron de entre todos os que hai nos andeis.

                                       

 


 Tamén visitaron a biblio os nenos e nenas de 3º e, o igual que os de 5º, debuxaron as súas portadas.




Hoxe animáronse os de segundo a baixar a biblio e facer unhas portadas.




Así quedou o taboleiro da entrada da biblio despois de rematar semana.







O alumnado de Infantil están facendo uns marcapáxinas para o día do libro




                                                                                  




O longo de toda a semana xa se empezaron a facer lecturas fóra, no patio. 
O alumnado de 4º repetiu a experiencia.



Tamén queremos dar as grazas a todas as nais, pais, avós e avoas que se están desprazando ata o colexio para ler un conto en algunha das aulas de infantil. MOITAS GRAZAS! É unha experiencia que os nenos e nenas agradecen moito. Só hai que verlles a cara de felicidade que se lles pon cando están escoitando o conto.










       A profe Rocío leulles un conto ós nenos e nenas de INF. A
































A filla da profe María Prado tamén lles veu ler ós nenos e nenas de INF.C




E para rematar este xoves 23 de abril de 2026 poñemos o mural que, dende o equipo de Extraescolares, lles propuxeron a todos os nenos e nenas da escola. Tiñan que debuxar o seu conto favorito e pegalo na árbore. O resultado foi esta bonita árbore que está na entrada do cole.
 GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR EN TODAS AS PROPOSTAS QUE VOS FACEMOS!


E xa empezan a chegar as primeiras fotos diante do mural


Que este día remate non quere decir que as actividades o fagan.
Durante o día de mañá e as dúas próximas semanas seguiremos con actividades.
Lembrade que os dioramas poden seguir chegando. Estarán expostos ata rematar o curso. Así que, se aínda non participastes e queredes facelo: ÁNIMO!!!


Vamos actualizar os videos dos DIORAMAS porque siguen chegando máis, cousa que agradecemos enormemente.

DIORAMAS INFANTIL

                                                                                   



DIORAMA 1º CICLO


2º CICLO


3º CICLO