xoves, 14 de febreiro de 2019

Cita a cegas 2019: Namórate dun libro!!

Ola, piardiñas.

Hoxe, 14 de febreiro, é o día de san Valentín. O día das namorad@s, disque.




E como o imos celebrar na biblio?

Pois tendo unha cita cos nosos máis grandes amores! Os libros!

Propóñovos o seguinte:


Imos organizar unha cita a cegas


Un encontro inesperado cun libro que nos namorará.

Como nos organizamos?



1. NA ENTRADA DA BIBLIOTECA ESTANVOS ESPERANDO DUCIAS DE LIBROS ENVOLTOS PARA MANTER A SÚA IDENTIDADE EN SEGREDO.



2.  AS CORES DO ENVOLTORIO CORRESPÓNDENSE COA IDADE D@S LECTOR@S.

VERMELLO: primeir@s lector@s.  
  
VERDE: lector@s autónom@s 

AMARELO: grandes lector@s


3.  ESCOLLEREDES O VOSO LIBRO SEGUINDO OS PÁLPITOS DO CORAZÓN, A DIRECCIÓN DO VENTO, A POSICIÓN DO SOL NO FIRMAMENTO… OU SEGÚN SE É MÁIS GROSO OU MÁIS FINO…. QUE NOS COÑECEMOS!

4. FACEMOS O PRÉSTAMO NO ORDENADOR DE XESTIÓN.

5. E XA PODEMOS LEVALO!

6. DAMOS O MELLOR DE NÓS NESTA CITA, LENDO O LIBRO CO MAIOR INTERESE E CARIÑO (MALO SERÁ QUE NON NOS GUSTE. E SE ASÍ PASA, SEGURO QUE TEMOS MÁIS SORTE NA VINDEIRA CITA).

7. É IMPORTANTE QUE CONSERVEMOS O ENVOLTORIO DURANTE O PRÉSTAMO E QUE  DEVOLVAMOS O LIBRO ENVOLTO. ASÍ SEGUIMOS MANTENDO O MISTERIO E CONTRIBUIMOS A NON ESTRAGAR OS NOSOS RECURSOS.

8.   LUGAR DE ENCONTRO: A BIBLIOTECA.

9. DÍA E HORA: RECREOS E TARDES (AGÁS MARTES) A PARTIR DE HOXE.


ACUDIDE Á CITA!!! 

(NON ME IREDES DEIXAR PLANTADA…)

BICOS CEGATOS


ESTRELA

11 comentarios:

  1. A ver o libro que me tocou... Unha pregunta cando ahi que devolver o libro

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa pregunta, Miguel.
      O préstamo funciona con periodos de 15 días, pero sabes que o importante é que remates o libro se o estás gozando.
      Podes ampliar o prazo o que necesites.

      Eliminar
  2. Feliz San valentin Estrela de parte de Àngela de cuarto

    ResponderEliminar
  3. Estou deseando coller un libro sen saber cal e

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Podes coller todos os que queiras, están agardando por ti!

      Eliminar
  4. Sabes que eres la mejor estrella que al no mundo

    ResponderEliminar
  5. Grazas!!!
    E ti eres @ mellor descoñecid@ do universo!

    ResponderEliminar