A piques de rematar o curso queremos compartir con tod@s o noso proxecto final:
Ecoperegrinaxe polo noso patrimonio.
Un traballo cooperativo entre todo o alumnado e profesorado feito con moita ilusión
A piques de rematar o curso queremos compartir con tod@s o noso proxecto final:
Ecoperegrinaxe polo noso patrimonio.
Un traballo cooperativo entre todo o alumnado e profesorado feito con moita ilusión
Este ano o proxecto do cole está enfocado no camiño de Santiago.
No primer trimestre empezamos a nosa andaina coñecendo o punto de partida: Cambados.
Despois de moito investigar... os nenos/as de infantil C fixeron este resumo do seu mini proxecto.
De seguro que teredes pasado un rato moi divertido e cheo de aprendizaxe!!!
Parabéns raparigos polo voso traballo.
Agora... a esperar o moito que indagades sobre o camiño e a peregrinaxe!!
PERO MIRADE QUE MOITO TRABALLADES MEUS PEIXIÑ@S!!!
SEGUIMOS A RECIBIR MOITÍSIMA INFORMACIÓN DOS VOSOS TRABALLOS SOBRE CAMBADOS, PUNTO DE PARTIDA DA NOSA ECOPEREGRINAXE.
Hoxe, 16 de Novembro é o día internacional do Patrimonio Mundial e non podíamos deixar pasar dita data xa que o noso concello está catalogado como Ben de Interese Cultural.
aproveitando o proxecto "Ecoperegrinaxe polo noso patrimonio".
Cada neno/a escolleu o monumento que mais lle gusta e .... mans a obra.
Aquí algunhas das suas creacións!!!
MONSTROS EN
COMPOSTELA
Antes do Samaín Estrela deixouunha carta en Primeiro.
Contábamos esta lenda sobre unha sombra misteriosa que se
pode ver algunhas noites na praza da Quintana, en Santiago
de Compostela.
Pica na imaxe se queres ler a lenda.
Logo, na biblio de Estrela, a súa profe deu con este conto:
E decidiron contarlle o que atoparon a Estrela.
Aquí vos
deixan unha mostra do seu traballo.
Estrela e os seus axudantes están buscando o seu mellor disfraz
para un dos días máis terroríficos do ano e así disfrutar
dos moitísimos contos e lendas de medo que están a recibir!!
Quedan poucos días para o gran estreno!!!
Estades preparados?
Bruxas, coruxas, sapos e morcegos...
buscade as vosas mellores vestimentas
porque nun escenario arrepiante.... un Samaín de medo vos agarda!!!
Estrela e os seus axudantes están moi inquedos porque están a recibir moita información sobre o noso Patrimonio e sobre as Rutas do Camiño de Santiago que pasan por Cambados.
Estiveron aprendendo moitísimo e contáronnos a lenda do Preguiceiro, vos a coñecedes?
De seguro que se indagades tanto como estes cativos...
atoparedes ao preguiceiro nalgún monumento de Cambados.
E que me decides das sinais que atoparon pola súa andaina estes nenos/as.... a que esperades ?
De seguro que Estrela e os seus axudantes estarán esperando con moita ilusión os vosos traballiños.
Mentras esperan máis información.... deixan un adianto de todo o que recibiron¡¡¡
DE SEGURO QUE TRABALLANDO XUNTOS LOGRAREMOS ACADAR A COMPOSTELA.