venres, 23 de abril de 2021

23 Abril DIA DO LIBRO

 En Vilariño festexamos o día do Libro con varias actividades

 nas que se implicaron tanto as familias como os cativos/as do cole.

Dende contacontos esporádicos dende as casas ata contacontos nas aulas. 




Tamén fixemos un marcapaxinas con flores secas que recollimos no noso patio.








E realizamos a nosa especial peregrinaxe " En busca da Compostela" na que os cativos tiñan que resolver distintos retos para superar etapas e así acadar A Compostela. 
Nesta viaxe ían identificados cunha chapa que deseñaron eles mesmos e fixeron realidade  nun obradoiro de chapas na biblio de Estrela.





PREME NA IMAXEN


           

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!









venres, 16 de abril de 2021

OBRADOIROS NA BIBLIO

Novo trimestre... e coa mesma ilusión que o rematamos... continuamos cos 
obradoiros na Biblio Estrela!!!

Nesta ocasión... os raparigos/as de primaria disfrutaron 
ao longo de toda a semana 
duns obradoiros cheos de diversión!!

Diversión, vivenciación, motivación e interese !!!